HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación impulsa a transición cara unha xestión enerxética máis sostible de...

A Deputación impulsa a transición cara unha xestión enerxética máis sostible de Vilanova de Arousa e anuncia a instalación dunha planta fotovoltaica na nave municipal

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial e tamén tenente de alcalde do concello, Javier Tourís, fixo entrega ao alcalde Gonzalo Durán do estudo do programa provincial +Renovables sobre o potencial enerxético do municipio

A planta fotovoltaica na nave municipal xerará enerxía renovable destinada a cubrir a demanda do propio concello

A Deputación impulsa a transición cara unha xestión enerxética máis sostible de Vilanova de Arousa. O deputado provincial e tamén tenente de alcalde do concello, Javier Tourís, fixo entrega ao alcalde Gonzalo Durán do estudo desenvolvido pola Oficina de Transformación Comunitaria +Renovables sobre o potencial enerxético do municipio no que respecta ás enerxías renovables.

Do estudo desenvolvido pola Deputación de Pontevedra extráense conclusións que marcan o punto de partida do Concello de Vilanova cara a unha xestión enerxética máis sostible. Deste xeito, o traballo subliña que a localidade depende moito dos combustibles fósiles, polo que é preciso facer unha transición paulatina cara outras fontes enerxéticas máis sostibles. Tamén se destaca no informe a boa situación na que se atopa todo o termo municipal en relación ao potencial fotovoltaico e o potencial da enerxía xeotérmica e da eólica, que en Vilanova atópase en rangos moi favorables. Pola contra, o potencial doutras fontes como o é biogás non é tan intenso como nos concellos do interior da provincia.

Planta fotovoltaica na  nave municipal

Na xuntanza, o deputado anunciou que se instalará unha planta fotovoltaica na nave municipal con batería de almacenamento que xerará enerxía renovable destinada a cubrir a demanda do propio concello, destinando un mínimo do 10% desta enerxía ás persoas vulnerables residentes no entorno dos 2 km (aquelas que sexan beneficiarias do Bono Social Eléctrico).  A instalación desta planta será financiada con recursos provinciais a través de +Renovables.

Publicacións Relacionadas