HomePontevedraO concello de Caldas de Reis pon en valor a importancia como...

O concello de Caldas de Reis pon en valor a importancia como referente social e motor dinamizador do asilo

- Anuncio -spot_img

Os técnicos municipais traballan na elaboración dun informe técnico para decretar os pasos a seguir que permitan dar continuidade no futuro ao labor que se leva a cabo na residencia, logo de que a congregación das Hermanitas de los Ancianos Desamparados comunicase á Administración municipal a súa intención de deixar a dirección das dependencias

O alcalde, Jacobo Pérez, asistiu hoxe a un concerto ofrecido polo coro da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Caldas nestas dependencias

O alcalde de Caldas de Reis, Jacobo Pérez, visitou este martes as instalacións do Asilo que xestiona a congregación das Hermanitas de los Ancianos Desamparados, onde membros da Coral da Asociación de Xubilados e Pensionistas ofreceron unha actuación.

O rexedor puxo en valor a importancia e a trascendencia que ten para Caldas o servizo que se leva a cabo nestas dependencias, que levan operativas mais de 130 anos e que actualmente contan con máis de 70 usuarios e usuarias, que son atendidas por 36 traballadoras.

Pérez Gulín sinalou que o Asilo “é un referente non só para nós, senón para toda a bisbarra” polo labor que realiza, tanto desde o punto de vista social como .
Ademais de velar polo benestar de cerca de 80 persoas maiores, tamén xera postos de traballo. Por todo isto, o Concello de Caldas de Reis está moi pendente do seu futuro, logo de que desde a Congregación se remitise un escrito á Administración local informando da súa intención de cesar na xestión e dirección das instalacións. Ante esta tesitura, o alcalde informou de que xa lle foi solicitado aos técnicos municipais a elaboración dun informe no que figuren os pasos a seguir para que o servizo continúe operativo. “Actuaremos con responsabilidade e transparencia”, garantiu Jacobo Pérez, que tamén ten previsto manter reunións coas persoas responsables e as traballadoras do Asilo, a fin de coñecer as súas inquedanzas e de “buscar a maneira de atopar unha solución que satisfaga ás partes implicadas”.

Desde o Concello tamén se agradece a colaboración e o labor levado a cabo polas Hermanitas de los Ancianos Desamparados ao longo de todos este anos.
“Durante todo ese tempo, a súa entrega e vocación de servizo foron un exemplo e un piar para fundamental no coidado das persoas maiores”, afirmou Jacobo Pérez. A residencia foi inaugurada no ano 1887 e, desde entón, prestou este servizo, superando en diferentes momentos grandes dificultades e sobrepoñéndose a sucesos como o incendio que se rexistrou apenas dous anos despois da súa inauguración. Neste punto, o alcalde tamén quixo expresar o seu agredecemento recoñecemento á nai superiora, cuxo traballo e dedicación levado a cabo durante practicamente os últimos seis anos “permitiu que o centro medrase, incrementando o número de traballadoras e consolidando aínda máis a importancia do asilo para a nosa bisbarra”.

Publicacións Relacionadas