HomeVigoNigránO concello de Nigrán celebra o "Día do Libro" coa presentación dunha...

O concello de Nigrán celebra o “Día do Libro” coa presentación dunha novela infantil e contacontos este xoves e venres na Biblioteca Municipal

- Anuncio -spot_img

Nazaret Araújo, finalista ao premio á mellor docente infantil de España 2025, presenta o xoves ‘Clementina, abuela contrabandista’

O venres Raquel Queizás ofrece o contacontos a prol da igualdade ‘Na túa man’

O Concello de Nigrán, como parte da celebración polo ‘Día do Libro’, ofrece este xoves e venres, 23 e 24 de outubro, unha presentación dunha novela infantil e un contacontos ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal.

Así, o xoves Nazaret Araújo, docente con 25 anos de traxectoria e finalista dos premios Educa Abanca como Mellor Docente Infantil de España 2025, presenta o seu libro ‘Clementina, abuela contrabandista’ (editorail Gusanillo), unha novela infantil para crianzas de 6 a 10 anos. Neste libro reflexa as aventuras da súa propia avoa Clementina, que lle contaba historias de cando facía contrabando de café con Portugal. Unha novela con arrecendo a café, fronteira e tenrura, onde a idade se transforma en maxia e a memoria en mapa de aventuras.

Pola súa banda, o venres Raquél Queizás, dentro do programa de animación á lectura ‘Ler conta moito’, ofrece o contacontos ‘Na túa man’. Nellie Bly foi a primeira reporteira de periodismo de investigación e pioneira do xornalismo encuberto. Remexeu as conciencias coas súas atrevidas e perigosas reportaxes. Aquela mañá, por baixo da porta da reporteira, entrou unha nota anónima, “na túa man” puña…Ao longo dunha inesperada investigación imos ir descubrindo historias e relatos para poñer en valor o respecto, a tolerancia e mais a comunicación dentro das relacións entre as persoas. Desmitificaremos o mal chamado “amor romántico” para darmos a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidindo nas causas, tipos e consecuencias. Viaxaremos na procura de novos modelos saudábeis de parella. Atoparemos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira, que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes.

Publicacións Relacionadas