HomeA CoruñaViaqua avisa dun corte de auga este xoves nunha vintena de lugares...

Viaqua avisa dun corte de auga este xoves nunha vintena de lugares de Neda por traballos na rede xeral

- Anuncio -spot_img

Viaqua, empresa concesionaria do servizo municipal de auga de Neda, avisa dun corte do subministro este xoves, 23 de outubro, por mor de traballos na rede xeral, entre as 8:00 e as 15:00 horas nunha vintena de lugares da localidade. Dende o Concello lamentamos as molestias.
Apuntan dende a compañía que se verán afectadas as vivendas situadas en Ponte Grande, Mourela Baixa, Mourela do Medio, Mourela Alta, Mosteirón, O Roxal, Canido O Roxal, Pename, Forxá, Camiño Vello, O Poulo, Bacela, Bernés, San Antonio, Vilar, Fausto Cansado, Albarón, Escorial de Abaixo, Escorial de Arriba, Maciñeira, Gandarela e adxacentes.
O Concello lamenta as molestias, e lembra que Viaqua dispón dun servizo de alertas por correo electrónico e SMS, a través do que notifica estas incidencias ás persoas abonadas. Para recibir os avisos cómpre facilitar o enderezo electrónico ou o número de móbil, chamando aos teléfonos 900201230 ou 981215990 ou na páxina web www.viaqua.gal

Publicacións Relacionadas