HomePontevedraDomínguez espera que, tras a súa valoración positiva, Lores pida a Pontón...

Domínguez espera que, tras a súa valoración positiva, Lores pida a Pontón apoiar os Orzamentos da Xunta para 2026

- Anuncio -spot_img

• O xefe do PP de Pontevedra mostra a súa dobre satisfacción: “Os orzamentos galegos teñen que ser realmente extraordinarios para que Lores, a diferenza da líder do BNG, valóreos tan positivamente”

• Os populares destacan o final das obras de ampliación do Novo Montecelo, o impulso á vivenda pública, o proxecto para poñer fin ás inundacións en Fernando Olmedo, a dragaxe do Lérez ou o futuro Centro de Alto Rendemento en Pontevedra

O presidente do Partido Popular na cidade de Pontevedra, Rafa Domínguez, mostrou este mércores a súa “dobre satisfacción” tras coñecerse que os Orzamentos 2026 da Xunta de Galicia garanten 348,9 millóns de euros en investimentos históricos para a capital da provincia e que, en contra da líder do Bloque Nacionalista Galego, conseguiron unha valoración positiva por parte do alcalde da cidade, #Miguel Anxo Fernández Lores.

“Desde o PP de Pontevedra esperamos que Lores aconselle ben á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, despois de que ambos manteñan posturas antagónicas na valoración das contas autonómicas, e pídalle votar a favor dos Orzamentos 2026 no Parlamento de Galicia: apoiar as contas autonómicas en Pontevedra e criticalas en Santiago sen ruborizarse é incoherente, só demostra o pouco sentido común que impera no Bloque”, afirmou o portavoz dos populares na cidade.

A pesar do que cualificou como “valoracións totalmente incongruentes” por parte dos nacionalistas, Domínguez expresou a súa confianza en que Lores faga recapacitar a Pontón para que o BNG apoie uns orzamentos “magníficos para Pontevedra”.

O líder do PP destacou que os Orzamentos da Xunta para 2026, cun montante total de 14.242 M€ para toda Galicia, reforzan o gasto social, impulsan a vivenda pública e priorizan a economía produtiva co obxectivo de xerar emprego estable e de calidade.

Domínguez concluíu destacando que “as contas autonómicas teñen que ser realmente extraordinarias para que Lores, a diferenza do BNG, valóreas tan positivamente. O remate final das obras de ampliación do Novo Montecelo, a ampliación do parque público de vivendas, o proxecto para terminar coas inundacións en Fernando Olmedo, a dragaxe do Lérez ou o futuro Centro de Alto Rendemento (CAR) son investimentos históricos para a cidade”.

Publicacións Relacionadas