HomePontevedraSoutomaior adhírese ao convenio con Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos co...

Soutomaior adhírese ao convenio con Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos co fin de poñer en marcha o servizo de Atención Temperá referente comarcal de apoio á infancia

- Anuncio -spot_img

– O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, asinou hoxe en Redondela este convenio coa alcaldesa de Redondela, e o alcalde de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes para poñer en marcha este novo servizo. A asistencia de Atención Temperá prestarse en Redondela para a poboación infantil de 0 a 6 anos dos catro municipios.

– Os nenos e nenas accederán a este recurso mediante derivación do seu pediatra de referencia cando se detecte ou exista sospeita dalgún trastorno no desenvolvemento do menor.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, asinou hoxe en Redondela, o convenio para a xestión compartida do Servizo de Atención Temperá coa alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, un convenio do que tamén forma parte tamén Fornelos de Montes. O novo servizo prestarase en Redondela e estará dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos dos catro municipios. O convenio fixa as liñas de traballo e o funcionamento desta prestación para os menores e as súas familias no marco da Rede Galega.

O Servizo de Atención Temperá, un recurso público e gratuíto, estará dirixido a nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. Os nenos e nenas accederán a este recurso mediante derivación do seu pediatra de referencia cando se detecte ou exista sospeita dalgún trastorno no seu desenvolvemento. A posta en marcha deste convenio, que valoraron dun xeito moi positivo a alcaldesa e alcaldes, supón ofrecer apoio especializado para os menores e tamén para as súas familias, o que favorecerá a autonomía e a inclusión das crianzas ofrecendo unha intervención adaptada ás necesidades específicas de cada caso. O Servizo de Atención Temperá permitirá detectar e intervir o antes posible para optimizar as terapias e tratamentos necesarios en cada caso.

O servizo prestarase en instalacións do Concello de Redondela, e contará cun mínimo de tres profesionais especializados en trastornos do desenvolvemento a nivel cognitivo, psicomotor, da linguaxe e comunicación, da autonomía e tamén prestarán apoio e formación á familia. O equipo ofrecerá atención interdisciplinar en ámbitos como a psicoloxía, a logopedia e a fisioterapia.

No convenio os catro Concellos acordan solicitar as subvencións convocadas pola administración autonómica dentro da Rede Galega para o seu financiamento.

Publicacións Relacionadas