O Concello de Baiona impulsa a celebración do Día das Bibliotecas mañá, día 24 de outubro de 2025, co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios.
Co lema deste ano, “Contra a desinformación: bibliotecas”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación.
As bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos, como as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun uso adecuado das tecnoloxías. E, por encima de todo, as bibliotecas son un dique de contención contra a desinformación grazas ao seu persoal bibliotecario, que traballa como curador de contidos e apoio aos usuarios na procura de información a través de fontes fiables e contrastadas.
Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados. Este ano a autora seleccionada é a cargo da ilustradora Laura Wächter.
Na Biblioteca de Baiona realízase un pequeno acto para festexar tamén este día:
Ás 17:30H, faremos a entrega de premios aos mellores lectores do ano, un recoñecemento ao amor polos libros e á fidelidade lectora.
Ás 18:00H, Pakolas presentará “Ecoralia, a lambona ecolóxica” unha proposta musical – narrativa, onde a bruxa Ecoralia ensinará aos máis pequenos a coidar o planeta mentres cantan, bailan e aprenden sobre os alimentos ecolóxicos. Tendra unha hora de duracio e está dirixido a público familiar da partir de catro anos.



