HomeVigoMosO Concello de Mos organiza unha charla informativa sobre a menopausa no...

O Concello de Mos organiza unha charla informativa sobre a menopausa no Pazo de Mos

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos, en colaboración coa Fundación Pazo de Mos, organiza o vindeiro xoves 6 de novembro ás 19:00 horas a charla divulgativa “Falemos de menopausa”, que será impartida pola matrona Andrea Graña Soto.

O obxectivo desta actividade é achegar información veraz e accesible sobre unha etapa natural na vida das mulleres, contribuíndo a eliminar tabús e ofrecer ferramentas prácticas para o coidado da saúde e o benestar durante o climaterio.

Durante o encontro abordaranse temas como os síntomas e cambios físicos máis frecuentes, os tratamentos dispoñibles, o autocoidado, o uso de suplementos e a importancia do estilo de vida e o exercicio nesta etapa.

A charla está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en coñecer mellor o proceso da menopausa, tanto mulleres que estean a atravesala como familiares ou profesionais do ámbito sanitario e social.

A actividade terá lugar no Pazo de Mos e é de asistencia gratuíta, sendo necesaria a inscrición previa chamando ao teléfono 986 339 404 en horario de 9:00 a 14:30 horas.

Con esta iniciativa, o Concello de Mos continúa coa súa aposta pola promoción da saúde, o benestar e a información en igualdade, poñendo o foco nun tema de gran relevancia para a vida das mulleres.

Publicacións Relacionadas