“La música no va a morir nunca, nunca”, estas son as palabras do coñecido locutor de RNE, Ángel Carmona, que xunto a Antonio Vicente e ao equipo técnico do programa “Mañana Más” abriron a terceira xornada do proxecto “Interritmos: Raíces Vivas”, impulsado por varios Grupos de Desenvolvemento Rurais galegos —entre eles o GDR Terra e Auga— e coordinado por DELOA en colaboración coa Fundación Paideia e a Fundación Paco de Lucía.
A alcaldesa Nava Castro e o presidente do GDR Terra e Auga, Pablo Castillo, clausuraron hoxe a última residencia de artistas de Artistea entre palabras de agradecemento e de moita satisfacción. O propio Kin Martínez, director de Esmerarte e manager de artistas, que participou na residencia, salientou a importancia de ter ofrecido aos creativos “un espazo para experimentar en talleres con grandes expertos tanto da parte artística como da industria musical onde adquiririon coñecementos vitais para desarrollar este talento emerxente nun momento no que en Galicia vivimos o auxe da música de galega obtendo as ferramentas para ser competitivos a nivel estatal”.
Ata Ponteareas tamén se desprazou Lucía Sánchez, da Fundación Paco de Lucía, avogada experta en propiedade intelectual e produtora musical. “Están surgiendo sinergias muy interesantes y esto es el principio de mucho, comparten una cultura de pueblo, de calle, comparten acordes, melodías, tonalidades, hay muchos puntos de fusión entre ambas la música de raíz gallega y el flamenco. Mi padre era un músico universal que buscaba la música de todo el mundo”.
E para que a música e os músicos de todo o mundo poidan fusionarse o Concello de Ponteareas puxo a disposición das e dos creadores a primeira residencia de artistas 100% municipal, Artistea. “Estou fondamente agradecida aos artistas participantes e como non a todas as entidades colaboradoras porque o que vimos de vivir nesta semana é xusto o que persegue a residencia Artistea, a fusión de músicos, a fusión de creadores e de disciplinas. Artistea naceu co obxectivo de dar un espazo no que aprender, compartir e investigar arredor da arte. Foi difícil explicalo a cidadanía ao principio. Todo o mundo se preguntaba que fai un Concello tendo unha residencia de artistas e para que sirve. Pois xustamente Interritmos e as distintas residencias van respondendo a estas cuestións. Por qué un investigador pode ter unha residencia e un creador non?”, manifestou a alcaldesa no discurso de peche da residencia.
E xustamente da colaboración entre entidades e administración falou Ángel Carmona, “La música no se va a morir nunca, nunca porque en deteminados momentos puede afectar a algúnos géneros que puedan ir en declive pero ahí tienen que venir los recursos públicos para que se exploten y desarrollen, la música popular sigue estando en las casas, quién le iba a decir a la Cultura gallega que ahora mismo iba a estar escuchando a las Tanxugueiras. Interritmos me parece un acto revolucionario en todos los sentidos y acabará dejando huella”.
Arte como plataforma de visibilización
Pablo Castillo, presidente do GDR Terra e Auga e deputado de relacións Intermunicipais, insistiu no enriquecemento mútuo e salientou das xornadas que “foron moi fructíferas a nivel de relacións e tamén de coñecemento e cónstame que están encantados. Estos encontros aportan visibilización do territorio, unha proxección hacia o exterior a través da música de orixe e tamén da actual”.
Artistea converteuse no epicentro da creación artística en Galicia grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Ponteareas e a Asociación DELOA para a posta en marcha desta nova residencia artística creativa, que rematará mañá 24 de outubro.
Ponte entre tradición galega e flamenco
A residencia ten como obxectivo acompañar e inspirar a artistas vinculados á música de raíz, como Tanxugueiras, que participaron nestes días en Ponteareas. A iniciativa busca poñer en valor o patrimonio cultural inmaterial galego, establecendo pontes entre a tradición galega e o flamenco a través de encontros creativos e procesos colaborativos.
A residencia arrincou cunha visita guiada polo centro histórico de Ponteareas e continuou coa palestra de Patricia Hermida, xestora cultural e manager. Tamén contou coa participación de Xurxo Fernandes, Faustino Núñez, Sarayma e Eduardo Prieto así como con Fran Sieira que impartiron talleres centrados na fusión entre a tradición galega e o flamenco.
O proxecto inscríbese no marco do Programa LEADER de Galicia 2023-2027, cofinanciado polo LEADER e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).



