HomeOurenseO Concello manterá o Magosto no Centro Histórico e organizará unha gran...

O Concello manterá o Magosto no Centro Histórico e organizará unha gran festa de tardeo en Ribeira de Canedo na primavera

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense manterá a celebración da Festa do San Martiño –Magostos 2025 na súa localización habitual, o Centro Histórico da cidade, e organizará proximamente outros eventos artísticos e festivos no Parque Ribeira de Canedo, entre eles unha gran festa de tardeo, a próxima primavera.

O goberno municipal valorou a posibilidade de que a zona verde emprazada xunto ao río Miño acollese este ano a tradicional festa do día 11 de novembro.  Para garantir o seu desenvolvemento en caso de choiva, estudiou a posibilidade de instalar unha pérgola provisional, apoiada nas vigas de madeira situadas sobre as columnas de pedra do Parque, que actuaría como soportal para o público asistente. Pero os informes técnicos municipais desaconsellan esta solución por motivos de seguridade, polo que o evento festivo continuará na súa localización tradicional.

Porén, o goberno municipal mantén a súa aposta polo Parque Ribeira de Canedo como escenario idóneo para outras actividades artísticas e eventos festivos no futuro, especialmente en primavera e verán, e en horario diúrno, que contribúan a dinamizar esta zona verde e aproveitar o seu potencial. Lembra que o parque xa acolleu con éxito actividades como o concerto de María do Ceo das Festas da Ponte de 2022, e adianta que estudia organizar  unha “gran festa de tardeo” para a próxima primavera.

Publicacións Relacionadas