HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación, a través de Aquaourense, volve a instalar fontes de auga...

A Deputación, a través de Aquaourense, volve a instalar fontes de auga portátiles a petición do Concello do Barco

- Anuncio -spot_img

Estas fontes xa foran instaladas provisionalmente durante a vaga de lumes do mes de agosto para dar servizo á veciñanza e agora retómanse ante a situación de turbidez das masas de auga polas cinzas e as primeiras choivas

Ante a situación de contaminación das masas de auga que xera a combinación destas primeiras choivas coas abundantes cinzas dos incendios deste verán, os sistemas de abastecemento tradicionais ven afectados pola turbidez nas súas captacións e a imposibilidade de potabilizar esa auga, o que ocorre en moitos sistemas municipais e traídas veciñais.

O Consorcio de Augas de Valdeorras xestiona o abastecemento municipal do Barco de Valdeorras, mantendo a día de hoxe a potabilidade da auga fornecida.

Por iso, atendendo a petición do propio concello do Barco, onde os abastecementos veciñais das pedanías teñen problemas para garantir a potabilidade das súas augas fornecidas, o Consorcio de Augas de Valdeorras volve instalar as fontes de auga potable que xa habilitara tras os incendios do verán.

Estas fontes, instaladas por AquaOurense coa axuda de Viaqua, estarán xestionadas polo Consorcio, e poderán atender non só ás pedanías con problema, senón tamén ao resto de veciños da comarca que teñan restriccións nas súas subministracións de auga potable.

Quedan operativas así dúas unha instalada na Praza de Viloira e outra na Avda de Portugal (fronte ao Lidl).

Publicacións Relacionadas