HomePontevedraPontevedraE se deixamos de contar vítimas e contamos maltratadores?, proposta da campaña...

E se deixamos de contar vítimas e contamos maltratadores?, proposta da campaña do 25-N do Concello de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

Galicia sumou 12.976 maltratadores con sentenza firme en dez anos, “e, como ensinounos Giséle Pelicot, hai que cambiar a vergoña (o foco) de bando”, subliña a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías.

A campaña comezará o vindeiro xoves, 30 de outubro, ás 12.00 horas co despregamento dunha intervención artística coa lenda na fachada da Casa Consistorial.

E se deixamos de contar vítimas e contamos maltratadores? É a pregunta e reflexión que pon enriba da mesa a campaña do 25-N (Día internacional contra as violencias machistas) do Concello de Pontevedra, que presentou hoxe a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías. E están rexistrados ata 12.976 maltratadores con sentenza firme en dez anos (2015-2024) en Galicia (datos do Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero do Consejo General del Poder Judicial).
“Este ano inspirámonos na francesa Gisele Pelicot, que nos ensinou, nun caso de agresión sexual que conmocionou ao mundo, que a vergoña ten que cambiar de bando” explicou Anabel Gulías, para quen chegou o momento de cambiar o foco, cando falamos de violencia machista, da violencia exercida polos homes sobre as mulleres, polo feito de selo. O problema son eles, os maltratadores.
“Cando se exerce a violencia contra as mulleres, a vergoña (o foco) ten que cambiar de bando”, remarcou a concelleira de Igualdade, quen malia declararse optimista e constatar que o feminismo segue abrindo novos camiños, “hai motivos dabondo para estar alerta e esixir que a vergoña cambie de bando”. E citou:

  • “Cando se cuestiona o dereito ao aborto dende os poderes públicos, a vergoña ten que cambiar de bando”.
  • “Cando os presuntos agresores sexuais saen entre apertas, entre aplausos do presidente da Xunta de Galicia, a vergoña ten que cambiar de bando”.
  • “Cando o director xeral contra a Violencia de Xénero é incapaz de empatizar coas vítimas e segue no seu cargo, a vergoña ten que cambiar de bando”.
  • “Cando se utiliza o feminismo como un discurso baleiro, cando pertences a unha formación política que o está cuestionando, a vergoña debe cambiar de bando”
    E con este escenario, a campaña do 25-N do Concello de Pontevedra pon o foco nos maltratadores, sobre a cantidade de violencia que sofren as mulleres por selo. “Este ano en Pontevedra imos contar maltratadores, e cos datos do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do CGPJ, sae unha cifra delirante: 12.976 homes condenados en sentenza firme por ter exercido violencia machista”, apuntou a concelleira de Igualdade.
    “Se mirarmos, por exemplo, o número de delitos de tráfico de drogas en Galicia, no mesmo período (datos do Ministerio de Interior)”, sinala Anable Gulías, “vemos que son 4.500 e é un problema social, e a ninguén se lle ocorre cuestionalo. E con máis de 12.000 maltratadores con sentencia firme condenatoria, de que falamos?”. Esta e a reflexión que propón a campaña do 25-N.
    Durante o mes de novembro e arredor do 25-N, Pontevedra tínguese de violeta coa seguinte programación: Limiar en outubro
    Cen Mulleres que opinan
  • Venres, 24 de outubro s 20.00 horas. Principal. Señoras e señoras con María Guerra e Mariola Cubells. Show que reflexiona sobre a xeración de mulleres nadas na década dos 60 con humor e referencias á cultura popular
  • Sábado 25 de outubro, ás 12.00 horas. Museo (Edificio Castelao). Presentación do libro e documental Cen Mulleres que opinan. Con Susana Pedreira e Diana López conversando coas xornalistas Olga Viza, Marta García Aller, María Varela e María Hermida.
    Inicio Campaña 25-N: Contamos maltratadores
  • Xoves, 30 de outubro, ás 12.00 horas. Despregamento da instalación artística coa imaxe e lema da campaña 25-N na fachada da Casa Consistorial
    Un número: 12.976. Un lema: contamos maltratadores. Un sub-lema: visto así, de quen pensas que é o problema. A difusión da campaña gráfica realizarase a través do reparto de cartelería e voandeiras, así como cuñas en radio e prensa e redes sociais.
    Lectura do manifesto do Día Internacional contra as violencias machistas
  • Luns 17 de novembro, ás 11.00 horas ao inicio do Pleno Municipal. O manifesto nesta ocasión corre a cargo da Quenda de Oficio de Violencia de Xénero do Ilustre Colexio da Avogacía de Pontevedra (farase difusión do vídeo da gravación a través da páxina web e redes do Concello).
    Faladoiros Feministas. Quedarán gravados en vídeo para posterior difusión na web. Todos con entrada libre ata completar aforo.
  • Faladoiro 1, con Ana Marcos e Iria Pinheiro sobre o acoso e abusos sexuais no audiovisual. Mércores, 5 de novembro no vestíbulo da Casa da Luz, ás 19.30 h.
  • Faladoiro 2, con Macarena Baena Garrido sobre violencias machistas e medios de comunicación. Mércores, 12 de novembro no vestíbulo da Casa da Luz, ás 19.30 h.
  • Faladoiro 3, con Mabel Lozano sobre explotación sexual. Inclúe a proxección do documental AVA. Luns, 17 de novembro no Teatro Principal, ás 19.30 h.
  • Faladoiro 4, con Claudia Morán Mato (Xornalistas Galegas) sobre violencias machistas nos medios de comunicación galegos. Xoves, 20 de novembro no vestíbulo da Casa da Luz ás 19.30 horas
    Premios Feroz. Ciclo Pioneiras: películas e coloquios con mulleres clave na cinematografía
  • Sábado 1 de novembro, ás 18.00 horas no Teatro Principal- Proxección da película Brumal (1988) de Cristina Amdreu. Coloquio coa directora e guionista do filme, Cristina Andreu
  • Mércores 5 de novembro, ás 18.00 horas no Teatro Principal. Proxección da película Vámonos, Bárbara (1978) de Cecilia Bartolomé de e coloquio coa productora e fundadora da Academia de Cine, Sol Carnicero
  • Xoves 20 de novembro, ás 18.00 horas no Teatro Principal. Proxección do dccumental Función de noche (1981), de Josefina Molina e conversa coa xornalista Concha Barral sobre curiosidades das grandes divas do celuloide e das táboas no noso país.
  • Luns 24 de novembro, ás 18.00 horas no Teatro Principal. Proxección da película El crimen de Cuenca (1979) de Pilar Miró e coloquio coa guionista do filme, Lola Salvador Maldonado
  • Xornada de investigación e diversidade. Pontevedra Multicultural. Ciencia pola igualdade
  • Sábado 29 de novembro, de 10.00 a 13.00 horas. Local Social do Gorgullón. Presenta e modera a xornalista Laura Filloy
  • Relatorio 1. Unha ollada desde a xenética. Existe o ADN galego?
    Antonio Salas Ellacuriaga, xenetista e catedrático de Medicina na Universidade de Santiago. onde
    Liderao grupo de Xenética de Poboacións en Biomedicina do IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago)
  • Relatorio 2. De Henrietta Lacks á IA: nesgos de xénero e raza na ciencia
    África Iglesias, bióloga e Laura Castro, profesora da área de Ciencia da computación e intelixencia artificial da Universidade da Coruña
  • Relatorio 3. O impacto das migracións climáticas nos discursos racistas
    Keina Espiñeira González, socióloga e profesora na Universidade da Coruña e Ignacio Varela Ramos, membro do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)
    Ademais:
    Curso de defensa persoal e empoderamento físico e emocional Método SAKURA (Sensei Jatsume). Este taller está creado para proporcionar ferramentas útiles e sinxelas para o día a día co obxectivo de desenvolver e recuperar a autoconfianza, o autocuidado e a forza emocional e física necesarias para poder xerar acción en calquera situación cotiá, e mesmo poñerse a salvo de ser preciso.
    O pasado 4 de outubro empezou o Obradoiro Enredadas de auto-coidado e acompañamento emocional para mulleres en situación de vulnerabilidade. 17 sesións de 2,5 horas cada unha, martes e xoves ata finais de novembro.

Publicacións Relacionadas