HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva esta semana máis de 90 persoas da provincia a...

A Deputación leva esta semana máis de 90 persoas da provincia a desfrutar do programa de termalismo +Benestar

- Anuncio -spot_img

Veciños e veciñas de 21 concellos da provincia gozarán de estancias no Hotel Carlos I Silgar e no Hotel Spa Galatea, ambos en Sanxenxo, e de actividades de ocio saudable e envellecemento activo

94 persoas de 21 concellos da provincia desfrutarán esta semana do programa de termalismo da Deputación de Pontevedra +Benestar con estadías no Hotel Carlos I Silgar e no Hotel Spa Galatea, ambos en Sanxenxo. En concreto, trátanse de veciños e veciñas dos concellos da Baiona, Cambados, Catoira, Covelo, A Estrada, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, O Porriño, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Silleda, Tomiño, Tui, Valga, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa.

Ao detalle, ata 46 persoas de Baiona, Cambados, Catoira, Covelo, A Estrada, Pazos de Borbén, O Porriño, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Silleda, Tomiño, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa desfrutarán de +Benestar no Hotel Carlos I de Silgar, en Sanxenxo. Pola súa banda, outras 48 de Baiona, A Estrada, Gondomar, Mos, Nigrán, Poio, Ponteareas, O Porriño, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Tomiño, Tui e Valga, farán o propio no Hotel Spa Galatea, tamén en Sanxenxo.

No marco do programa de termalismo +Benestar, preto de 2.200 persoas de máis de 55 anos de 60 concellos da provincia pasarán seis días e cinco noites en balnearios, talasos ou spas de Sanxenxo, Mondariz, O Grove e Lalín. A Deputación de Pontevedra pretende con esta iniciativa facilitar aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros e, ao mesmo tempo, dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

O organismo provincial subvenciona as prazas de réxime xeral con 100 €, mentres que as de réxime especial están subvencionadas con 400 €, e os usuarios deben facerse cargo da cantidade restante. Ademais da estadía, o paquete de +Benestar comprende a pensión completa, o uso do spa, do balneario ou doutras instalacións de características similares un mínimo de dúas horas ao día, e tamén o traslado de ida e volta en autobús aos establecementos desde os concellos de Vigo ou Pontevedra.

Publicacións Relacionadas