HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando nas Rías Baixas no Esteiro do río Lérez e Intermareal Combarro-Lourido

- Anuncio -spot_img

Da man de SEO/BirdLife, a actividade realizarase o domingo 9 de novembro nun dos mellores lugares para observar aves limícolas, mariñas, ardeidos ou anátidas

A Deputación de Pontevedra abre este luns 27 de outubro o prazo para participar na ruta do programa Voando nas Rías Baixas que terá lugar o domingo 9 de novembro nos concellos de Pontevedra e Poio. En colaboración de novo coa asociación SEO/BirdLife, esta será a sexta das sete rutas ornitolóxicas organizadas durante este ano para sensibilizar a poboación sobre os recursos culturais e naturais da provincia de Pontevedra e a importancia de conservar o medio natural.

Ao fondo da ría de Pontevedra, o río Lérez verte as súas augas ao mar e achega ricos sedimentos, xerando un interesante intermareal no que as zonas de lodo e area atraen gran diversidade de aves limícolas, mariñas, ardeidos ou anátidas. Xa na desembocadura, é o Umia o que lle achega o seu caudal ao Intermarial Umia-O Grove para crear un esteiro influenciado polas mareas e idóneo para aves acuáticas como garzas, limícolas, gaivotas, patos e corvos mariños.

A Deputación oferta 25 prazas para participar no percorrido polo Esteiro do río Lérez e Intermareal Combarro-Lourido, e a persoa solicitante poderá inscribirse xunto con tres acompañantes máis. A ruta, na que as e os participantes estarán acompañados por dúas guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife, inclúe un autobús tanto para o desprazamento coma para a visita da zona na que ten lugar a actividade, e recoméndase levar roupa cómoda e calzado apropiado. Cada participante terá á súa disposición unha guía de aves, prismáticos e dous telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves sen molestalas.

O calendario de actividades de Voando nas Rías Baixas en 2025 pecharase o 14 de decembro coa ruta da enseada de San Simón (Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa), para a que abrirá o prazo de inscrición o 1 de decembro.

Publicacións Relacionadas