HomeA CoruñaÉxito da senda das ánimas en Neda

Éxito da senda das ánimas en Neda

- Anuncio -spot_img

Tras varios anos nos que a chuvia augou a celebración, Neda volveu converterse en escenario da ruta máis terrorífica da comarca. A porta que une o mundo dos vivos e dos mortos non esperou ao 31 de outubro para abrirse, e as ánimas- algunhas maléficas- vagaron libremente esta tarde noite durante pola céntrica rúa Real, sorprendendo e dando máis dun susto á rapazada e aos adultos acompañantes que foron ao seu encontro.

Un total de 255 persoas se inscribiron para participar no centro histórico nesta proposta, impulsada polo Concello para conmemorar o samaín, mentres no patio do CEIP San Isidro a veciñanza desfrutaba do tradicional magosto, degustando as típicas castañas asadas e os boliños preñados.

Publicacións Relacionadas