· A Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia emitiu un informe favorable ao proxecto.
· A construción do Paseo Fluvial del Río Maior permitirá crear unha serie de colectores que poñerán en funcionamento a rede de saneamento para a parroquia de Lubre.
· Ademais, incluiranse solucións para minimizar os efectos do risco de inundación en dous puntos do ámbito.
O Concello de Bergondo levará este xoves a un pleno extraordinario a aprobación definitiva do Plan Especial del Río Maior, na parroquia de Lubre, un proxecto que supoñerá a construción do Paseo Fluvial del Río Maior e permitirá poñer en funcionamento a rede de saneamento da zona.
Faio tras recibir un informe favorable da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, o último paso para proceder á aprobación definitiva, o proceso de expropiación, a elaboración do proxecto construtivo e a posterior licitación dos traballos.
A través deste Plan poñerase en funcionamento a rede de saneamento para a parroquia de Lubre. Farase coa construción de tres colectores de saneamento que completarán a rede de augas residuais da parroquia, formada por outros sete colectores que xa están executados, e que permitirán a posta en servizo desta infraestrutura coa condución das augas residuais á EDAR de Gandarío.
Ademais, deseñouse unha senda que comunica os lugares de Agrumias e Cambade, na parroquia de Lubre, nun tramo de aproximadamente 2.184 metros de lonxitude. Este carreiro fluvial, que se executará en madeira laminada de piñeiro tratado, supoñerá un novo espazo de lecer para os veciños e veciñas da zona, servindo ademais como atractivo turístico.
Tamén se procederá á restauración ambiental do ámbito xa que presenta unha certa degradación pola presión construtiva que sufriu e incluiranse solucións para minimizar os efectos do risco de inundación en dous puntos.



