HomeA CoruñaO Concello inicia os traballos de mellora da accesibilidade na rúa Antón...

O Concello inicia os traballos de mellora da accesibilidade na rúa Antón Vilar Ponte, na Falperra

- Anuncio -spot_img

A actuacións inclúe a creación dun novo paso peonil no cruzamento con Médico Durán

O Concello da Coruña iniciou esta semana os traballos de mellora da accesibilidade na rúa Antón Vilar Ponte, no barrio da Falperra. Deste xeito, o Goberno de Inés Rey dá continuidade ao plan municipal de mellora e mantemento das rúas, actuando en aquelas que o requiren a través do contrato de mantemento, conservación e reparación de beirarrúas.

A rúa manterá a súa configuración actual, cun carril de circulación entre Juan Flórez e Doctor Fleming. A principal mellora levarase a cabo nas beirarrúas, adaptándoas á actual normativa de accesibilidade. Tamén se levará a cabo unha mellora integral da calzada. Outra das melloras terá que ver cos pasos peonís da rúa. Tanto o do cruzamento coa rúa Médico Durán como o de Doctor Fleming serán elevados, o que ademais de facelos máis accesibles contribuirá a calmar o tráfico.

En paralelo á actuación de renovación das beirarrúas e a calzada, tamén se levará a cabo a renovación da rede de augas residuais e pluviais ao longo de toda a vía. En canto ás prazas de aparcadoiro existentes na rúa, manterase a configuración existente ata o de agora, cunha ringleira de zona azul e outra de zona verde ou residentes. Tamén haberá tres estacionamentos para PMR.
“Desde o Goberno de Inés Rey continuamos coa mellora gradual e continua das nosas rúas, levando a cabo pequenas actuacións nos barrios que teñen como obxectivo final a mellora do día a día dos seus veciños e veciñas”, indicou Noemí Díaz, concelleira de Infraestruturas e Mobilidade. A actuación ten un orzamento de 253.000 euros e o prazo de execución será de 4 meses.

Publicacións Relacionadas