HomeA CoruñaA CoruñaAlternativa presenta unha moción para a revalorización do paseo do Mero

Alternativa presenta unha moción para a revalorización do paseo do Mero

- Anuncio -spot_img

A conservación e a funcionalidade do paseo fluvial non está á altura da súa importancia social e ambiental. Tendo en conta o valor ecolóxico e o uso intensivo que fan as persoas do espazo, Alternativa considera urxente avanzar nun plan integral de mellora de infraestruturas e dinamización do paseo fluvial.

Son reiteradas as peticións de mellora que se veñen realizando desde este grupo municipal, trasladando en moitas ocasións os avisos e suxestións que a veciñanza nos achega, mais é momento dunha actuación máis integral.

A proposta integra as suxestións recollidas tanto da veciñanza, como persoas visitantes que fan uso do paseo fluvial incluíndo diferentes áreas de actuación:

• Acondicionamento e mantemento das sendas peonís.
• Rehabilitación da contorna do muíño de Peiraio.
• Reparación da ponte de madeira da Barcala na zona dos Muíños.
• Creación dunha área pública de lecer, con mobiliario para o descanso, a actividade social e a práctica deportiva.
• Mellora das zonas de aparcamento.
• Actuacións para a seguridade viaria, especialmente no cruce da AC-214 á altura da Telva, que carece de paso de peóns nin sinalización.
• Maior atención ao coidado medioambiental, principalmente no que se refire a verteduras de fincas lindeiras e especies invasoras.
• Dinamización cultural, educativa e turística.

Alternativa solicitará que se faculte á alcaldesa para realizar todas as xestións necesarias ante as diferentes administracións e convocatorias de subvencións, co obxectivo de facer realidade esta proposta.

Publicacións Relacionadas