HomePontevedraO CondadoPresentación do XXV Trofeo Amizade-XVI Trofeo concello de Ponteareas

Presentación do XXV Trofeo Amizade-XVI Trofeo concello de Ponteareas

- Anuncio -spot_img

No día de hoxe celebrouse nas instalacións de Love Cars a presentación do XXV Trofeo Amizade e XVI Trofeo Concello de Ponteareas, coa asistencia do Presidente da Federación Galega de Natación (FEGAN), Juan Carlos Brión; a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; o Tenente de Alcaldesa, Juan Carlos González Carrera e José Manuel Freire, responsable de Deportes da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra.                       

Nesta edición hai una inscrición de 260 deportistas agrupados en 10 clubs, sendo algún dos máis representativos da natación galega.

Durante a presentación, o Presidente do Club Natación Ponteareas (Andrés Carrera) fixo un resumo das características do Trofeo e, ademáis, plasmou os obxectivos do Club para a presente tempada, tanto en categoría absoluta coma nas categorías de base (dende prebenxamín ata infantil). O principal obxectivo é manter o número de licenzas do ano anterior (en torno ás 200 sumando todas as categorías) e seguir a ser un club de referencia no ámbito da natación galega.

Como recalcou na súa intervención o Presidente, neste Trofeo vanse nadar todas as probas do calendario da natación salvo as de 800 e 1500 metros libres.

Paralelamente, o  XVI Trofeo Concello de Ponteareas repartirá un total de 1000 euros entre os tres primeiros e tres primeiras clasificadas según o reparto de puntos FINA.

Por outra banda, este Trofeo, con cronometraxe electrónica, permitirá a busca de marcas mínimas para participar nas competicións autonómicas e nacionais.

Juan Carlos Brión, actual Presidente da Federación Galega de Natación destaca que este Trofeo, xunto con Pedro Escudero e o Memorial Juan Varela son dos poucos Trofeos organizados polos clubes  que acada tantas edición. Tamén quixo destacar a boa colocación no calendario desta edición do Trofeo, a principios de tempada e próximo á Copa de España.

Juan Carlos González interviu para defender o traballo do Club Natación Ponteareas coma referente do deporte no Concello de Ponteareas. Tamén destaca a participación, non só das institución, senón tamén dos patrocinadores particulares que apoian os eventos e o funcionamento do club.

Por último, a alcaldesa, Nava Castro destaca o tecido social, empresarial e asociativo que permiten o desenvolvemento do deporte en Ponteareas, loubando o traballo que dende o Club Natación Ponteareas se está a facer neste eido. De igual xeito, tamén anunciou un orzamento de 1.400.000€ para obras de mellora da piscina municipal de Ponteareas.

Ao remate do acto tamén se lembrou que se está a celebrar durante todo o mes de outubro e ata mediados de novembro unha nova edición do Pinchotea, que é un aliciente a maiores para os acompañantes que poderán disfrutar dos pinchos participantes no Evento nos distintos locais de restauración da vila.

Publicacións Relacionadas