HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local aprobará mañá o expediente para contratar as...

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá o expediente para contratar as obras das ramplas mecánicas do barrio da Cuña

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobará mañá, xoves, día 30 de outubro, o expediente para contratar as obras do proxecto de humanización e mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña, cun orzamento de licitación de 5.114.185,52 euros. A actuación prevé a instalación de 5 ramplas mecánicas que salvarán a forte pendente existente nesta rúa, desde a súa parte inferior, na confluencia coa Avenida de Zamora, até a zona máis alta, máis alá do centro de saúde do barrio.

Na súa sesión ordinaria desta semana, a xunta de goberno tratará un total de 31 asuntos presentados polos distintos servizos municipais. Entre eles, os convenios de colaboración do Concello co Liceo de Ourense, a agrupación de asociacións veciñais Miño e a Federación Limiar.

Licenzas (6). Catro solicitudes de licenza: para o modificado do proxecto de modernización de ascensor e portal dun edificio na rúa da Concordia; para a instalación de ascensor e adaptación de baixo cuberta para trasteiro nun edificio na Avenida de Portugal; para a demolición dun edificio na Avenida de Zamora, e para a colocación de ascensor e ampliación de media planta nun edificio de vivendas da rúa Río Támega. Tamén se tratará unha solicitude de declaración de innecesariedade de licenza urbanística de segregación dunha parcela na rúa Castro Caldelas e a declaración de caducidade dunha licenza de obras.

Disciplina (2). Expedientes de declaración de ruína de varios inmobles na rúa Ponferrada, na Senda tras estadio e no Camiño tras estadio.

Patrimonio (4). Catro reclamacións de responsabilidade patrimonial.

Contratación (1). Aprobar o expediente para contratar as obras do “proxecto de humanización e mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco”, cun orzamento de licitación de 5.114.185,52 euros, por procedemento aberto.

Artes e festexos (1). Convenio de colaboración entre o Concello e o Liceo de Ourense.

Participación Cidadá (4). Convenios de colaboración do Concello de Ourense coa Agrupación de Asociacións Veciñais do perímetro rural e da periferia Miño e coa Federación de Asociacións veciñais Limiar reguladores das subvencións municipais a ambas entidades para os anos 2024 e 2025.

Persoal e recursos humanos (2)

· Proposta de resolución do proceso selectivo para a cobertura polo sistema de libre designación do posto de traballo de Coordinador Xeral da Administración Municipal, persoal directivo do Concello de Ourense.

· Modificación da Relación de Postos de Traballo para a modificación da adscrición orgánica das unidades administrativas de parques e xardíns dependentes da Área de Goberno de Obras Públicas, Servizos Urbanos, Medio Ambiente e Urbanismo, e das funcións dalgúns postos de traballo.

Avogacía consistorial (11). A Xunta de Goberno Local dará conta dunha sentenza da Audiencia Provincial de Ourense, de 4 sentenzas do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 e dunha sentenza e dun auto do número 1. Ademais, será informada de que o Concello deberá comparecer diante dos xulgados do contencioso-administrativo número 1 e 2 en 4 procedementos xudiciais.

Publicacións Relacionadas