HomeA CoruñaO concello concede a licenza de obra para a construción dunha nave...

O concello concede a licenza de obra para a construción dunha nave industrial no parque empresarial

- Anuncio -spot_img

Así foi acordado na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria celebrada hoxe, acordou conceder a licencia de obra para a construción dunha nova nave industrial no ámbito do parque empresarial. O inmoble terá unha superficie de 900 m2, levantarase sobre unha parcela de 1.200 m2 e os seus usos serán industrial, como almacén de materiais de construción, e administrativo.
O Concello aplaude esta nova xa que ampliar actividade industrial no parque empresarial da Laracha implica máis atractivo para esa área e novas oportunidades para a creación de emprego no municipio. Nese labor de atracción de investimentos privados que reactiven a economía, o comercio e o desenvolvemento local, o Concello tamén ofrece vantaxes fiscais con bonificacións de ata o 95% nos impostos municipais (ICIO, IBI e IAE) dependendo do volume de emprego estable que xere a actividade da empresa que se implanta no polígono.
Cabe lembrar que Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), a sociedade pública promotora do parque empresarial da Laracha, prevé investir 15 millóns de euros na súa ampliación noutros 338.629 m2 para dar resposta á demanda de solo nunha área cun emprazamento estratéxico e alto potencial de crecemento polas características do espazo e a cobertura en servizos.
Na Xunta de Goberno Local tamén se concedeu licencia a un particular para a rehabilitación e ampliación dunha vivenda unifamiliar situada na parroquia de Lestón.
Salientar, por último, que se acordou concorrer á convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña para o cofinanciamento da contratación de persoal técnico nos servizos municipais de igualdade de xénero para o 2026. Do mesmo xeito que nos anos anteriores, as súas funcións centraríanse na programación, planificación, intervención e realización de proxectos sobre a promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero.

Publicacións Relacionadas