HomePontevedraO CondadoInauguradas as pistas deportivas de A Canuda en Salvaterra de Miño

Inauguradas as pistas deportivas de A Canuda en Salvaterra de Miño

- Anuncio -spot_img

O pasado luns tivo lugar a inauguración das Instalacións Deportivas de A Canuda, logo das obras nas que se movilizaron máis de 139.000€ a través do II Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas da Deputación de Pontevedra.

Estas obras de mellora tanto na pista polideportiva, canchas de tenis e “SkatePark”, luciron moi coloridas nunha fermosa tarde soleada.

Ata alí se achegaron o Presidente Da Deputación, Luis López “Lugés”, a Alcaldesa Marta Valcárcel, 1º Tenente de Alcalde Ernesto Groba, a Concelleira de Cultura Lorena Soto e o Concelleiro de Deportes Edgar Martínez, xunto ós técnicos responsables das obras.

O Presidente estivo compartindo unhas verbas con diversos rapaces usuarios das pistas, ademais de xogar a mítica tanda de penaltis cos nenos da categoría alevín das E.D.Salvaterra.

4 tenistas e un xoven con talento no “Freestyle” do “skatepark”, completaron unha exhibición para as ledicias dos presentes.

Ademais da reparación e marcaxe dos pavimentos e a substitución do firme da pista polideportiva, as canchas de tenis contan cun novo e avanzado sistema de apertura telemática, na que nos vindeiros dias explicarase o sistema de reserva e funciamento do mesmo(será o mesmo sistema para a pista de pádel do Casal e para os pavillóns).

O Concello de Salvaterra mantén o seu plan de renovación das distintas infraestructuras deportivas, facendo a práctica do deporte máis segura e vistosa, lembrándolle os nosos veciños, veciñas e demais usuarios que é a nosa obriga facer un uso responsable das instalacións de todos.

Publicacións Relacionadas