HomeA Coruña50 mozos de cinco países europeos visitan Caión no marco do programa...

50 mozos de cinco países europeos visitan Caión no marco do programa de Intercambio Xuvenil Erasmus+

- Anuncio -spot_img

É a segunda fase da iniciativa a través da que oito mozos laracheses estiveron en Xeorxia no pasado mes de xullo.

Un grupo de cincuenta mozos procedentes de cinco países europeos (Xeorxia, Portugal, Alemaña, Italia e España) visita estes días Galicia no marco do programa de intercambio no que colaboran os Concellos da Laracha e de Rois no marco do programa Erasmus+.

A expedición chegou o martes a Galicia. Nas dúas primeiras xornadas do programa coñeceron Santiago de Compostela, o Parlamento de Galicia e o municipio de Rois, onde foron recibidos por representantes institucionais e realizaron actividades de tipo cultural, formativo e participativo.

Mañá venres visitarán o municipio da Laracha. Serán recibidos ás 10:00 horas no Centro Sociocomunitario de Caión por representantes do Goberno local. Alí está previsto o desenvolvemento dunha mesa redonda con temática relacionada coa Axenda de Dereitos Humanos, creando espazo de diálogo e intercambio de experiencias entre a mocidade participante. Xa pola tarde desprazaranse á cidade da Coruña, onde realizarán unha visita guiada polos principais puntos de interese.

Esta iniciativa é a segunda fase do programa de intercambio xuvenil que permitiu a oito mozos da Laracha visitar Xeorxia no pasado mes de xullo para coñecer a súa cultura, historia e realidade social. Fora organizada coa colaboración do Centro de Lengua y Cultura Española “Carmen”. Oito dos mozos presentes en Caión forman parte dese proxecto bilateral entre A Laracha e Xeorxia, outros oito, do realizado polo Concello de Rois nese país, e os restantes, dun proxecto multilateral entre entidades dos cinco países participantes.

A presenza do Concello da Laracha neste tipo de proxectos europeos pon en valor o compromiso coa cidadanía europea, ofrecendo á mocidade oportunidades para aprender, compartir experiencias e fortalecer valores comúns como a tolerancia, o respecto e a cooperación entre pobos. O obxectivo é continuar promovendo iniciativas de mobilidade xuvenil que contribúan á formación persoal e profesional dos participantes, e á proxección exterior do municipio.

Publicacións Relacionadas