HomeVigoMosO Concello de Mos organiza un obradoiro de moda responsable dentro do...

O Concello de Mos organiza un obradoiro de moda responsable dentro do curso de Economía Circular 2025

- Anuncio -spot_img

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Mos, dentro do programa formativo Economía Circular 2025, organiza o obradoiro “Moda responsable”, que se celebrará o luns 10 de novembro ás 19:00 horas na Antiga Casa Reitoral de Petelos.

Baixo o lema “A túa roupa ten vida”, esta actividade ten como obxectivo concienciar sobre o impacto ambiental e social da moda rápida e promover hábitos de consumo máis sostibles. As persoas participantes poderán descubrir o ciclo de vida dunha prenda de roupa, comprender os efectos da produción téxtil no planeta e aprender técnicas prácticas de reutilización, reparación e transformación de pezas para darlles unha segunda vida.

O obradoiro, cun prezo simbólico de 10 euros, insírese nas accións que o Concello de Mos, que ven de recibir a Bandeira Verde recentemente, está a desenvolver para fomentar a sustentabilidade, a economía circular e o consumo responsable entre a veciñanza.

As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico medioambiente@concellomos.es ou no teléfono 986 097 037.

O programa Economía Circular 2025 continúa así a súa aposta por iniciativas que combinan aprendizaxe, sensibilización e compromiso co medio ambiente.

Publicacións Relacionadas