HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO vicepresidente Rafa Domínguez asiste á inauguración da XV edición da Outubrofest

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á inauguración da XV edición da Outubrofest

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe á inauguración da XV edición da Outubrofest, unha cita gastronómica que organiza cada ano o Pontevedra Rugby Club para recadar fondos e dinamizar a cidade de Pontevedra. O evento celébrase na Praza de España ata este domingo 2 de novembro e ofrece gastronomía a través de produtos locais ao estilo bávaro con prezos populares, que inclúe tamén opcións de comida vegana. A programación deste espazo gastronómico complétase con música ao vivo, un obradoiro de cabazas e un concurso de disfraces nun ambiente familiar.

Publicacións Relacionadas