HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu instala unhas novas xarddineiras nas rúas do casco...

O concello de Bueu instala unhas novas xarddineiras nas rúas do casco urbano

- Anuncio -spot_img

O Concello de Bueu instalou esta semana unhas novas xardineiras nas rúas do casco urbano. En total son vinte e oito xardineiras, repartidas entre as rúas Rosalía de Castro, Eduardo Vincenti e na Praza da Banda do Río.

Estas xardineiras foron adquiridas por un custe superior a 9.000 € á empresa Gitma e con cargo aos fondos do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra. Escolléronse as cores de azul e vermello e os tamaños varían entre os 1000 x 1000 mm e o máis pequeno, de 800 x 800 mm.

Polo momento estanse enchendo de terra e proximamente terán plantas que mellorarán o espazo urbano.

Publicacións Relacionadas