HomePontevedraA ParadantaO Concello de Covelo convoca o VI Concurso de Fotografía para o...

O Concello de Covelo convoca o VI Concurso de Fotografía para o calendario municipal 2026 “Covelo, Cultura, Turismo e Patrimonio”.

- Anuncio -spot_img

O Concello de Covelo vén de convocar a sexta edición do Concurso de Fotografía co que se elaborará o calendario municipal do ano 2026, baixo o título “Covelo, Cultura, Turismo e Patrimonio”.

O obxectivo desta iniciativa é promover a participación da veciñanza e de todas as persoas amantes da fotografía, tanto residentes como visitante que durante o ano recollen imaxes de paisaxes, eventos, costumes e lugares emblemáticos do noso concello. O calendario pretende ser, un ano máis, un medio de promoción turística, cultural e patrimonial de Covelo, amosando a beleza e identidade do municipio a través da mirada das persoas participantes.

Seleccionaranse 12 fotografías, que ilustrarán os meses do calendario municipal 2026.

Poderá participar calquera persoa interesada, e no caso de menores de idade, deberán contar coa autorización do pai, nai ou titor/a legal. Quedan excluídos os empregados/as municipais e os membros da Corporación.

O certame establece tres premios principais:

  • 1º Premio: Curso intensivo de fotografía de 2 días (8 horas), presencial ou online.
  • 2º Premio: Dúas ampliacións fotográficas 40×30 cm sobre soporte ríxido ou copia en papel museo.
  • 3º Premio: Unha ampliación fotográfica 40×30 cm sobre soporte ríxido ou copia en papel museo.

Os premios entregaranse coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Covelo.

As fotografías poderán presentarse ata o 27 de novembro de 2025 ás 13:30 h, na Biblioteca Municipal de Covelo (Travesía de Vigo nº 7), de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.

As bases completas do concurso poden consultarse na web municipal www.concellodecovelo.com


O alcalde, Juan Pablo Castillo Amigo, anima a toda a veciñanza e ás persoas que visitan Covelo a participar “Queremos que este calendario sexa o reflexo do noso pobo, das nosas paisaxes, festas e tradicións. Covelo é cultura, turismo e patrimonio, e este concurso é unha oportunidade para amosalo a través da fotografía”.

Publicacións Relacionadas