- A máquina permite realizar a mellor limpeza e desinfección interna e externa dos contedores
 
O Concello da Guarda conta con nova maquinaria de limpeza: un equipo de lavacontedores. Este equipo está montado sobre un remolque homologado para facilitar o sue transporte e moverse pola vía pública.
Con esta nova adquisición, poderanse manter os contedores de residuos desinfectados e sen cheiros durante todo o ano, o que contribúe a unha maior limpeza das nosas rúas.
Este equipo pode lavar un contedor grande ou dous contedores pequenos á vez, cunha bomba de alta presión. Ademais, dispón dunha mangueira de 15 metros para realizar o lavado exterior dos contedores e da zona onde se localizan.
Este remolque lavacontedores conta coa subvención da Deputación de Pontevedra, dentro do Plan +Provincia.

                                    

