O prazo de inscrición aberto do 3 ata o 13 de novembro, tendo prioridade as mulleres empadroadas en Nigrán
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza un curso de defensa persoal feminina o luns 17 de novembro en horario de 9:30 a 14:00 horas no Pavillón Deportivo Municipal de Panxón. O prazo de inscrición está aberto do 3 ao 13 de novembro.
As mulleres interesadas (terán prioridade as empadroadas en Nigrán) deberán enviar un correo electrónico a cim@nigran.org facendo constar nome e apelidos, número de DNI e teléfono de contacto, ou ben chamar ao teléfono 986383081.
A actividade é gratuíta, e foi solicitada polo Concello de Nigrán á Cosellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a violencia de xénero no marco do acordo de colaboración asinado pola Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero no que se integra o Concello de Nigrán.

                                    

