HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación abre este luns o prazo para solicitar os obradoiros sobre...

A Deputación abre este luns o prazo para solicitar os obradoiros sobre benestar emocional do novo programa de apoio á adolescencia En plan ben

- Anuncio -spot_img

O programa, dotado de máis de 42.000 €, oferta 34 actividades para centros educativos de Secundaria e Bacharelato de concellos de reto demográfico da provincia, e as solicitudes poderán presentarse a partir do luns 3 novembro a través da sede electrónica

A Deputación de Pontevedra abre este luns 3 de novembro o prazo para que centros educativos de Secundaria e Bacharelato de concellos de reto demográfico da provincia poidan solicitar algunha das 34 accións formativas correspondentes ao novo programa provincial En plan ben. A iniciativa, impulsada polo servizo de Xuventude e dotada de máis de 42.000 €, ten por obxectivo fortalecer a rede de apoio á adolescencia mediante unha serie de obradoiros sobre a saúde mental e o benestar emocional da mocidade.

As actividades de En plan ben están deseñadas para os diferentes grupos da comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias. Deste xeito, para o alumnado poranse en marcha obradoiros de 8 horas sobre autolesións, prevención de condutas de suicidio, trastornos de conduta alimentaria, acoso escolar, pornografía ou, entre outras, substancias abusivas. Pola súa banda, para o profesorado os obradoiros serán de 4 horas e centraranse na promoción do benestar, na identificación de riscos ou na abordaxe de problemas. E, finalmente, para as familias os obradoiros serán de 2 horas e analizarán a saúde mental no fogar, a comunicación asertiva cos menores ou a convivencia positiva.

As solicitudes para optar ás accións formativas de En plan ben deben presentarse a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra, e as bases completas do programa poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Publicacións Relacionadas