HomeXunta de GaliciaFabiola García entrega á Casa Rural Torres de Moreda o distintivo que...

Fabiola García entrega á Casa Rural Torres de Moreda o distintivo que o acredita como establecemento adherido ao carné +65

- Anuncio -spot_img

A conselleira de Política Social e Igualdade avanzou que arredor de 900 negocios galegos xa se sumaron á iniciativa que ofrece beneficios aos maiores galegos

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá a casa rural Torres de Moreda, na Estrada, e fíxolle entrega a súa propietaria do distintivo que acredita que este establecemento está adherido ao Carné +65, impulsado pola Xunta para fomentar o envellecemento activo entre os maiores e desfrutar de todas as posibilidades da Galicia Calidade.

A través do Carné +65 os usuarios poden beneficiarse de descontos e promocións en servizos de saúde e benestar, óptica, comercios de moda e outra variedade de servizos de ocio e lecer. Nestes momentos, a conselleira lembrou que xa son arredor de 900 os establecementos adheridos e nos que se pode facer uso desta tarxeta.

Neste sentido, lembrou que a Xunta envía automaticamente o Carné +65 aos maiores sen necesidade de que o soliciten, unha vez que o reciban no seu domicilio poden empregalo nos establecementos que se sumaron ao programa unicamente presentando este documento. Ademais, tamén está dispoñible a páxina web na que consultar toda a información.

Publicacións Relacionadas