HomeOurenseOurenseO Magosto volverá encher a cidade de Ourense de festa, música e...

O Magosto volverá encher a cidade de Ourense de festa, música e tradición o día do San Martiño

- Anuncio -spot_img

A festa do 11 de novembro ofrecerá castañas gratuítas, gastronomía tradicional e a mellor música co concerto de Brañas Folk e o baile da Orquestra Olympus.

O Concello de Ourense anuncia a programación completa e detallada do tradicional Magosto que terá lugar o vindeiro martes, día 11 de novembro de 2025, transformando a Praza Maior, a Praza Bispo Cesáreo e a rúa do Progreso (Alameda) no epicentro da festa.

A festa, que comeza ás 18.00 horas, estenderase até a noite e combinará a tradición gastronómica cunha potente oferta musical para todos os públicos.

A parte máis esperada da celebración, o Magosto tradicional, arrincará ás 18.00 horas simultaneamente na Praza Maior e na rúa do Progreso (Alameda). As persoas asistentes poderán degustar castañas asadas de forma gratuíta, honrando a esencia desta festa ancestral.

Ademais, haberá unha zona de venda de chourizo asado con bolo de masa nai, auga ou viño (por un prezo simbólico de 3€), xunto con outras propostas como callos e porco ao espeto.

Música Galega e Gran Verbena

A programación musical garante a animación da tarde e da noite:

  • 18.00 a 19.30 h – Música Tradicional na Praza Maior. A festa comezará co concerto de Brañas Folk que estará acompañado de Verónica Codesal, Pancho Álvarez, María Jorge e polo grupo de gaiteiros “De pé feito”, coordinados por Gonzalo Abelairas.
  • 19.00 a 22.00 h – Baile e Festa na rúa do Progreso (Alameda): A verbena correrá a cargo da recoñecida Orquestra Olympus, que garantirá o baile e a diversión co seu espectáculo, poñendo o broche de ouro á noite do San Martiño.

Publicacións Relacionadas