O ciclo “Outono en Escena”, organizado polo Concello de Muxía coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, continúa esta fin de semana cunha das voces máis recoñecidas e persoais do teatro galego contemporáneo: María Esther Fernández Carrodeguas.
O sábado 8 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón do Voluntariado, Carrodeguas presentará a súa obra O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada, unha peza de auto[non]ficción na que aborda, cunha sinceridade crúa e o seu característico humor irónico, a relación co corpo e a presión social arredor da imaxe e da beleza.
A autora explora con lucidez e valentía o impacto da gordofobia, un prexuízo profundamente arraigado na sociedade actual: “Porque por moito que te escondas, a gordofobia sempre está ao teu carón. Sobre todo porque está en ti”.
Con esta obra, o ciclo Outono en Escena continúa ofrecendo unha programación diversa, con propostas que van da comedia ao teatro familiar e á creación contemporánea máis arriscada.
A entrada terá un prezo simbólico de 1 €, e a taquilla abrirá ás 19:00 h.
Datos prácticos:
• Espectáculo: O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada
• Autora e intérprete: María Esther Fernández Carrodeguas
• Xénero: Auto[non]ficción teatral
• Día: Sábado, 8 de novembro
• Hora: 20:00 h Nota de Prensa
• Lugar: Salón do Voluntariado, Muxía
• Entrada: 1 € (taquilla aberta dende as 19:00 h)

                                    

