HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación inicia esta semana coa veciñanza de Lalín o último obradoiro...

A Deputación inicia esta semana coa veciñanza de Lalín o último obradoiro do ano do programa Provincia activa

- Anuncio -spot_img

15 veciñas e veciños de Moneixas recibirán a partir deste martes e durante mes e medio unha formación en musicoterapia

Un total de 130 entidades de 40 concellos da provincia participaron este ano no programa da Deputación para o fomento do envellecemento activo

A Deputación de Pontevedra remata este martes en Lalín a súa programación de novos cursos do ano 2025 ao abeiro do programa Provincia activa, unha iniciativa pensada para impulsar o envellecemento activo das persoas maiores, así como para fomentar a súa participación e cooperación social, a creación de espazos de encontro e o intercambio de experiencias.

Deste xeito, a Asociación de Veciños de Moneixas participará a partir desta tarde nun obradoiro de musicoterapia, con sesións todos os martes e mércores ata o 23 de decembro en horario de 16:00 a 18:00 horas. Durante esta formación, as persoas participantes poderán descubrir as posibilidades que ofrece a música como ferramenta de intervención lúdica, educativa e terapéutica, así como aprender a desenvolver habilidades musicais e a empregar a música con fins terapéuticos.

Co inicio desta última acción formativa, serán 130 as entidades de maiores dun total de 40 concellos da provincia as que teñan pasado durante 2025 polo programa Provincia activa, que conta cun orzamento de preto de 146.000 euros para tamén fomentar a independencia das persoas maiores e así evitar situacións de soidade e illamento. Un total de 316 entidades presentaron as súas solicitudes para participar neste programa, das cales 276 entidades foron admitidas e pasando 146 á lista de agarda trala adxudicación dos 130 obradoiros.

A Deputación ofertou este ano 14 obradoiros no catálogo de Provincia activa, divididos en seis bloques temáticos: Benestar natural (Plantas medicinais), Saúde en movemento (Pilates, ioga e ximnasia de mantemento para persoas maiores), Emociónate (Conservando a memoria, musicoterapia, risoterapia e terapia emocional: positividade e canalización das emocións), Outra vida (Teatro e restauración de mobles e tapicería), Con ritmo! (Bailes de salón e pandeireta e canto popular) e Redeir@s (Habilidades dixitais para uso cotián e informática nivel avanzado).

Publicacións Relacionadas