HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este sábado a Gondomar unha nova xornada do programa...

A Deputación leva este sábado a Gondomar unha nova xornada do programa de convivencias veciñais +Convivir

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial Javier Tourís presentou a actividade destinada ao movemento asociativo, que terá lugar no Centro cultural de Vincios a partir das 16:30 horas

A segunda edición de +Convivir xa pasou por Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas, A Lama, Baiona, Rodeiro, Ribadumia e Bueu e continuará este ano en Tui

A Deputación de Pontevedra organiza este sábado 8 de novembro en Gondomar unha nova xornada do programa de convivencias veciñais +Convivir. O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, presentou esta actividade destinada ao movemento veciñal no Centro cultural de Vincios, onde se celebrará este sábado a partir das 16:30 horas tralo paso da súa segunda edición con grande éxito por outros oito concellos da provincia.

Javier Tourís lembrou que “con +Convivir xuntámonos, unímonos e gozamos do tempo de lecer, pero tamén aprendemos e debatemos sobre cuestións que nos preocupan como sociedade, como todo o relacionado coa saúde”. O deputado provincial tamén lembrou que o programa é “unha homenaxe que facemos desde o goberno provincial ao movemento veciñal porque o asociacionismo ten un rol primordial á hora de dinamizar a provincia, de construír un proxecto de futuro para o territorio, e as administracións debémoslle unha estreita colaboración para impulsar os seus proxectos”. Neste sentido, Tourís lembrou que “desde a creación da área de Acción Comunitaria dedicamos ás asociacións e comunidades de usuarios de augas 8,2 millóns de euros, ademais do que reciben desde outras áreas”.

A actividade prevé sumar centos de persoas que gozarán dunha xornada lúdica e formativa que contará cunha charla sobre o alzhéimer e un obradoiro de primeiros auxilios, así como unha sesión de ximnasia de mantemento. A xornada completarase con música e un refrixerio para as persoas asistentes.

+Convivir é un programa provincial co que a Deputación de Pontevedra demostra o seu compromiso co tecido asociativo veciñal e enxalza o papel que este desenvolve para o avance da provincia. Tras pasar nesta segunda edición polos concellos de Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas, A Lama, Baiona, Rodeiro, Ribadumia, Bueu e Gondomar, o programa chegará este ano tamén a Tui. O pasado ano preto de 4.000 persoas que desfrutaron das sete citas organizadas pola institución provincial ao longo da xeografía pontevedresa.

Publicacións Relacionadas