A bolsa de voluntariado de COGAMI incrementou durante este ano 2025 tras incorporarse 62 persoas novas, 42 mulleres e 20 homes. Con estas novas incorporacións, a rede de voluntariado da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade contempla un total de 1.433 persoas inscritas. Destaca que, entre as novas altas, 21 son persoas con discapacidade que se unen ao compromiso coa inclusión e a participación social dentro do colectivo.
A rede de voluntariado de COGAMI comezou a súa andaina no ano 2001 co obxectivo de canalizar programas de acompañamento e apoio a persoas con discapacidade, tanto no ámbito domiciliario como fóra del. O voluntariado presta apoio educativo a estudantes que precisan reforzo nalgunha materia, colabora en sesións de natación terapéutica e participa en actividades de lecer e deportivas.
Para fortalecer esta rede, COGAMI desenvolve programas financiados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude e o Servicio de Voluntariado, que permiten impulsar a participación e a formación das persoas voluntarias. Con este impulso, o voluntariado de COGAMI tamén desempeña un papel fundamental nas accións de sensibilización e concienciación que a entidade realiza en centros educativos e outros espazos sociais. En 2025 impartíronse 52 charlas de sensibilización nas que participaron 904 persoas, co obxectivo de visibilizar a normalidade da discapacidade a través das experiencias persoais das propias persoas voluntarias.
As persoas voluntarias tamén teñen un papel fundamental nas accións de sensibilización e concienciación que COGAMI realiza en centros educativos e outros espazos sociais. En 2025 impartíronse 52 charlas de sensibilización, nas que participaron 904 persoas, co obxectivo de visibilizar a normalidade da discapacidade a través das experiencias persoais das persoas voluntarias.
A rede tamén impulsa a formación especializada para o persoal que xestiona programas de voluntariado no movemento asociativo, a través da iniciativa Rede de Voluntariado da Liña VI, financiada pola Xunta de Galicia cos fondos do 0,7 % do IRPF. Neste ano participaron 37 persoas voluntarias e xestoras de accións de voluntariado.
Con este programa, COGAMI reafirma o seu compromiso coa promoción da inclusión, a igualdade e a participación activa, consolidándose como entidade de referencia no ámbito do voluntariado social en Galicia.



