-A iniciativa é froito da colaboración da Subdelegación do Goberno, a Universidade de Vigo e o Concello de Redondela
-O alumnado do máster de Publicidade da Facultade de Ciencias Sociais desenvolveu este proxecto pioneiro para loitar contra a violencia de xénero cun enfoque específico sobre as mulleres inmigrantes
– As novidades no programa deste ano son un ciclo de teatro Mestra Paulina e a escola de familias, a maiores o V Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista, un contaconto, performance e obradoiros para o alumnado de institutos e colexios.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada; a decana da Facultade de Ciencias Sociais da Uvigo, Emma Torres, e un dos equipos do máster de Publicidade do pasado ano, Laura Trabazo, Ana Tasende e Sara Nieto presentaron hoxe no Concello de Redondela a campaña “Ante a violencia machista, resposta universal”, un berro institucional contra a lacra da violencia de xénero con motivo da celebración do 25 de novembro. Tamén estaban na presentación a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa e Roberto Villar, concelleiro de Infraestructuras e Sostenibilidade
A campaña é froito dunha iniciativa pioneira entre a Subdelegación do Goberno e a Facultade de Ciencias Sociais que fixo posible que o alumnado deste máster deseñe e realice esta campaña institucional en cinco concellos da provincia, dado que ademais de Redondela participan Sanxenxo, Moaña, Ponteareas e Lalín. Deste xeito, cada un dos concellos tivo ocasión de traballar directamente as creatividades con estes mozos publicistas e, a continuación, produciron directamente os materiais aproveitando os fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero que pon ao seu dispor o Ministerio de Igualdade.
Os colexios, institutos e outras entidades que van participar na campaña de Redondela terán a súa siluetas de mulleres , con material achegado polo Concello, para escribir as súas respostas ante a violencia machista.
A rexedora salientou que desde o Concello “traballamos todos os días do ano na prevención da violencia machista, con actividades para darlle visibilidade a esta problemática e concienciar á sociedade. Neste mes de novembro a programación refórzase aínda máis con actividades dirixidas especialmente ao alumnado dos institutos e colexios, porque na educación está a base da prevención de condutas machistas” e tamén para o público en xeral”.
Digna Rivas explicou que o lema proposto para este ano, “Ante a violencia machista, resposta universal”, esixe a resposta das institucións, das administracións, das familias, da cidadanía e, sobre todo, resposta colectiva, porque só desde a unidade e o compromiso poderemos poñer fin a esta realidade intolerable.
O Subdelegado do Goberno salientou: Abel Losada subliñou que as campañas que se van a desenvolver pola provincia e que arrancan en Redondela teñen, ademais, o enfoque de previr a dobre vitimización das mulleres inmigrantes.
O subdelegado reivindicou o sistema VioGén de protección integral das vítimas de violencia de xénero como “peza central desa política pública crucial e irrenunciable que é a Igualdade” e engadiu que cando hai máis de 1.900 mulleres da nosa provincia que precisan dalgún grao de protección policial pódese afirmar que a loita pola Igualdade continúa e está lonxe de rematar. Afirmou que dende o eido local é moito o que se pode facer porque os concellos xestionan aquello que o resto das Administracións non fan ou deixan sen facer. Por elo, congratulouse de que a Subdelegación poida “botar unha man”, algo que é posible, subliñou, gracias á axuda dun máster público dunha universidade pública como é a Uvigo.
“Que algunha das mulleres de Redondela que sofre violencia ou a ve de preto reciba a mensaxe desta campaña é satisfactorio, e máis aínda que a campaña chegue aos ollos ou os ouvidos dos maltratadores”.
Digna Rivas: “A erradicación da violencia machista require educación, prevención, acompañamento e recursos públicos suficientes. É unha responsabilidade compartida que debe implicar a todas as administracións e, especialmente, ás entidades locais, que son a primeira porta á que acoden moitas mulleres cando buscan axuda. O obxectivo deste goberno municipal é que toda a sociedade se implique na loita contra a violencia machista”
PROGRAMACIÓN
Presentación actividade “Respostas contra a Violencia Machista” na Praza do Concello de Redondela o venres 14 de novembro ás 12:00 horas e na Alameda Rosalía de Castro de Chapela o sábado, 15 de novembro ás 12:00 horas.
Escola de Familias “Previr dende o Fogar”:
Mércores, 12 de novembro. Educación afectiva -sexual na etapa infantil (Escola Unitaria de San Pedro de Cesantes). 17:00 horas.
Mércores, 19 de novembro. Educación afectiva -sexual na etapa de primaria (CEIP Outeiro das Penas). 17:00 horas.
Mércores, 26 de novembro. Educación afectiva -sexual na etapa de secundaria (IES Chapela). 17:00 horas.
Con servizo de obradoiros lúdico-educativo para favorecer a conciliación.
Contacontos “Eu non quero” con Ana M.ª Carreira. Biblioteca Xela Arias de Chapela (Multiúsos Piñeiral do Crego). Venres, 21 de novembro. 19:00 horas.
Acto institucional. Praza do Concello.
Martes, 25 de novembro. 12:00 horas
Lectura da Declaración Institucional e lectura de manifestos da Asociación Andaina de persoas con diversidade funcional e Asociación Lenda de Saúde Mental, representación dos Centros de Día e centros educativos do concello.
Performance “Coida todo o que amas” de Iria Sobrado.
Entrega floral na árbore Ginkgo biloba na rúa Salgueiral.
V Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista. Oficina de Turismo (rúa Isidoro Queimaliños). Venres 28 de novembro 12:00 horas.
Primeiro Ciclo de Teatro Mestra Paulina
“DeSexo”. Talia Teatro. Domingo, 30 de novembro. Auditorio Multiúsos da Xunqueira. 18:00 horas.
“Sophie”. Redrum Teatro. Sábado, 13 de decembro. Auditorio Multiúsos da Xunqueira. 20:00 horas.
Curso 2025/2026. Obradoiros de “Falemos de Sexo”, “Prevención de Trastornos de Condutas Alimentarias: violencia estética” e “Pataformas dixitais e sexualidade” para o alumnado dos centros escolares do concello.



