HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López encabeza a expedición de Turismo Rías Baixas á WTM de...

Luis López encabeza a expedición de Turismo Rías Baixas á WTM de Londres onde dispón por primeira dun espazo propio para avanzar na internacionalización do destino

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, xunto co deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña; mantén encontros con profesionais de distintos países que amosan o seu interese pola oferta da provincia, como o Camiño de Santiago, o enoturismo ou o contacto coa natureza

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, encabeza a expedición de Turismo Rías Baixas á Feira World Travel Market de Londes, un dos eventos de maior impacto do mundo neste sector, co obxectivo de seguir avanzando na estratexia de internacionalización da provincia impulsada polo goberno provincial, coa que o número de visitantes estranxeiros está medrando cada mes ata superar neste verán o 45 % do total. Unha mostra da aposta pola internacionalización do destino é que por primeira vez Turismo Rías Baixas dispón dun espazo propio nesta feira integrado no Pavillón de Turespaña no Excel London Building, espazo no que se celebra este evento de impacto global.

Ao longo da xornada, achegáronse polo stand que Turismo Rías Baixas ten nesta feira empresas internacionais relacionadas con distintas áreas do sector turístico para establecer contactos cos profesionais pontevedreses e coñecer de primeira man a oferta diversa e de calidade que propón a provincia en nichos como o Camiño de Santiago, turismo de natureza, enoturismo e outros produtos atractivos para os visitantes internacionais.

A comitiva pontevedresa, da que tamén forman parte o deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña; a directora de turismo da Deputación, Romina Fernández; e profesionais do sector da provincia; partiu este luns cara a capital británica e permanecerá na urbe inglesa ata este mércores. A axenda institucional comezou nesta xornada coa inauguración oficial da feira e continuou con diversos encontros profesionais, entre o que sobresae un coa secretaria de Estado de Turismo, Rosario Sánchez; co responsable de Turismo na Embaixada de Londres; Manuel Butler; e o director de Turespaña, Miguel Sanz; no espazo de Turismo Rías Baixas, onde o presidente Luis López tivo a oportunidade de dar a coñecer un destino sustentbale, descentralizado e desestacionalizado como o da provincia de Pontevedra.

Para a xornada deste mércores no pavillón do organismo nacional encargado da promoción turística dos distintos territorios de España polo mundo, está prevista a participación do presidente Luis López en diferentes actos na capital británica para seguir divulgando os atractivos da provincia.

Publicacións Relacionadas