HomePontevedraBaixo MiñoA xornalista Tereixa Navaza ofrece en Tui o coloquio “A prensa desde...

A xornalista Tereixa Navaza ofrece en Tui o coloquio “A prensa desde Sobredo á volta de Castelao”

- Anuncio -spot_img

Será este xoves, 6 de novembro, ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela

O Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSo), no marco do Mes da Memoria que promove o Concello de Tui, organiza este xoves, 6 de novembro, ás 19.30 h un coloquio no que intervirá a xornalista Tereixa Navaza para tratar o tema  “A prensa desde Sobredo á volta de Castelao”. Terá lugar no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.  

O agrarismo e os Sucesos de Sobredo tiveron gran repercusión na prensa escrita. Castelao, na súa obra gráfica publicou viñetas en memoria das vítimas dos Sucesos de Sobredo, así como as de Oseira, Nebra e Sofán. Coa actividade achéganse aspectos periodísticos sobre a difusión dos feitos nos medios da época e homenaxease a Castelao, no 75 aniversario do seu pasamento.

Tereixa Navaza (Santiago de Compostela, 1947) foi un dos primeiros nomes femininos que entraron nas redaccións audiovisuais e pioneira na radio e na televisión galega. Comezou a traballar en Cadea SER Galicia a finais de 1965 presentando programas como ‘Hora 25’, ‘Matinal Cadena Ser’ e ‘Os 40 Principales’. Tamén dirixiu e presentou ‘Horas novas’ un programa realizado maioritariamente por estudantes universitarios.

Traballou tanto na delegación galega de TVE, como vinte anos máis tarde no Consello de Administración da CRTVG. Volveu a Televisión Española en Galicia no 2002, ata que no 2005 foi afectada por un ERE. Ademais de radio e televisión, tamén escribiu numerosos artigos de opinión e entrevistas para ‘O Correo Galego’, ‘La Voz de Galicia’, o semanario ‘A Nosa Terra’ ou na revista feminina ‘Andaina’. Destaca na súa traxectoria profesional, a retransmisión da chegada dos restos de Castelao, tema que abordará tamén nesta conferencias

A programación do Mes da Memoria Democrática continuará ao longo deste mes coas seguintes actividades:

O xoves 20 de novembro, ás 19.30 h, presentación do libro “Os médicos tamén enferman”, polo seu autor Martiño Noriega, no Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela.

O venres 28 de novembro, ás 19.30 h, A música en Sobredo  no EspazoS da rúa Camilo José Cela.

O sábado 29 de novembro Conmemoración dos Sucesos de Sobredo, no seu 103 Aniversario, no lugar dos feitos en Sobredo, parroquia de Guillarei.

Publicacións Relacionadas