HomePontevedraO CondadoO concello de Ponteareas presenta a súa nova canle de whatsapp para...

O concello de Ponteareas presenta a súa nova canle de whatsapp para achegar información á cidadanía

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas continúa avanzando no seu intenso proceso de modernización e transformación dixital coa posta en marcha dunha nova canle de comunicación a través de WhatsApp, un servizo pensado para facilitar o acceso da veciñanza a cursos, actividades, eventos e información municipal de interese.

Esta iniciativa supón un paso máis na renovación tecnolóxica dun Concello que, ata hai poucos anos, permanecía completamente á marxe das ferramentas dixitais. Grazas ao traballo desenvolvido nos últimos meses, Ponteareas está a experimentar un cambio profundo cara a unha administración máis áxil, próxima e eficiente, pensada para facerlle a vida máis sinxela á cidadanía.

A nova canle de WhatsApp permitirá recibir directamente no móbil información municipal actualizada, de xeito rápido, cómodo e sen necesidade de acceder a outras plataformas. O servizo é gratuíto e voluntario, e a veciñanza poderá subscribirse facilmente mediante unha ligazón dispoñible na web e nas redes sociais municipais.

“Estamos a deixar atrás un modelo de Concello desactualizado, que quedara ancorado no pasado, e avanzamos con paso firme cara a unha administración moderna, dixital e accesible para todas as persoas”, sinalou a alcaldesa, Nava Castro, quen destacou que “o obxectivo é poñer a tecnoloxía ao servizo da cidadanía, para mellorar a comunicación e facilitar os trámites”.

Con esta nova ferramenta, o Concello de Ponteareas reafirma o seu compromiso coa transparencia, a innovación e a participación veciñal, situando a comunicación directa e inmediata como un piar fundamental dunha administración moderna.

Publicacións Relacionadas