HomeO MorrazoMarínMarín estrea unha nova xanela dixital ao mundo

Marín estrea unha nova xanela dixital ao mundo

- Anuncio -spot_img

A web Turismo Marín permitirá promocionar o destino con novas ferramentas dixitais, como un Virtual Map ou recomendacións de plans por días para facilitar a visita aos turistas

Unha nova web, moderna, posicionada, chea de contigo de calidade e que serve como unha auténtica xanela dixital para quen nos visita ou está pensando visitarnos. Esa é a liña que segue o novo portal web do Concello, marinturismo.es, a nova web turística que xa está en aberto e que presentaron a alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira Cristina Acuña.

Costa, espazos verdes, patrimonio cultural, arte rupestre, rutas, sendeiros… Son só algunhas das categorías que pode atoparse a persoa que consulta esta web, na que se tratou de posicionar a Marín como o municipio punteiro que está a ser dentro das Rías Baixas, sempre baixo a lupa da sostibilidade e o turismo de aventura, deportivo e respectouso co medio ambiente que define ao modelo local.

Así, este era un dos obxectivos a cumplir dentro do contrato para a creación da Oficina Virtual de Turismo, que se engloba do Plan de Sostibilidade Turística. “Xa levamos meses traballando na promoción e visibilización de todo o bo que temos
en Marín, de todo o que fai digno que nos visiten e coñezan. Fixémolo con vídeos e contido atractivo a través das redes sociais de Turismo de Marín e coa colaboración de creadores de contido de referencia na nosa comunidade autónoma. Ese traballo seguirá pero tiñamos unha débeda cunha web que reflexase e englobase todo o que podemos ofrecer”, explicou a rexedora.

O portal xa está en aberto e ofrece, ademáis de fichas de cada un dos atractivos turísticos que ten a vila, propostas de plans en función dos gustos ou do tempo de estancia da persoa visitante. Ademais, incorpora funcións de realidade virtual, como o Virtual Map, que permite facer literalmente un paseo virtual pola vila, parándose nas explicacións dos lugares que máis nos interesan.

En galego, español e inglés, a web tamén subirá con recurrencia artigos ao blog para ofrecer información de calidade sobre as tradicións, as posibilidades de visita ou a cultura típica de Marín e contará cunha axenda de eventos actualizada.

A partir dos próximos meses, tamén se continuará mellorando o destino coa instalación in situ de novas balizas en cada elemento, que servirán como nova sinalización, poñendo o nome do mesmo e recollendo un código QR que levará directamente á ficha incluída nesta web.

Publicacións Relacionadas