Home A Coruña Servizos Sociais e Amigos de Galicia promoverán o emprego das TIC entre...

Servizos Sociais e Amigos de Galicia promoverán o emprego das TIC entre os maiores con talleres formativos

0
4

· As sesións levaranse a cabo no Centro Sociocomunitario os luns 10, 17 e 24 de novembro, en horario de 10.00 a 12.30 horas.

A Concellería de Servizos Sociais da Pobra e a Fundación Amigos de Galicia celebrarán, este mes, un programa formativo cun claro obxectivo: promover o emprego das novas tecnoloxías entre os máis maiores do municipio. Así o confirmou a concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, que animou á veciñanza a sumarse a estas accións formativas “nas que aprenderán a usar o teléfono móbil e, sobre todo, sacar proveito deles para o seu día a día”.

As sesións levaranse a cabo no Centro Sociocomunitario os luns 10, 17 e 24 de novembro en horario de 10.00 a 12.30 horas. En canto aos contidos, ao longo das actividades abordaranse cuestións como o uso de caixeiros automáticos e as máquinas de quendas, o emprego do teléfono móbil/smartphone e da app do Sergas/Chave 365.

As inscricións están xa dispoñibles, e as persoas interesadas poderán tramitar as súas solicitudes tanto no propio Centro Sociocomunitario como no departamento de Servizos Sociais.