O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña, foi recibido na Embaixada de España en Londres polo embaixador José Pascual Marco Martínez.
No marco da participación de Turismo Rías Baixas, por primeira vez cun espazo propio, na feira World Travel Market, a Embaixada de España organizou unha recepción oficial para os representantes das institucións e entidades españolas participantes neste foro na que o mandatario provincial tivo a oportunidade de intercambiar impresións co embaixador.



