HomeOurenseAllariz-MacedaA Deputación e o Concello de Xunqueira de Espadanedo afianzan a súa...

A Deputación e o Concello de Xunqueira de Espadanedo afianzan a súa cooperación “con proxectos culturais e deportivos claves para a Ribeira Sacra”

- Anuncio -spot_img

Luis Menor mantivo a primeira reunión do traballo co novo alcalde deste municipio, Pablo Graña, coa fin de dar continuidade e reforzar a colaboración entre ambas administracións

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo hoxe a primeira reunión de traballo no despacho da Deputación co novo alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Pablo Graña.

Tal e como explicou Menor, a reunión serviu para repasar toda a colaboración exercida pola Deputación nos principais proxectos que atinxen ao Concello de Xunqueira de Espadanedo, e que na actualidade superan os 800.000 euros. “De cada ao vindeiro ano, falamos de afianzar a cooperación institucional con proxectos culturais”, como é o caso dunha nave que foi adquirida coa axuda da Deputación, “e que agora axudaremos para reformala, acondicionala e poñela en valor”.

A reunión tamén serviu para avanzar en proxectos deportivos e de humanización no entorno o mosteiro. “En definitiva, múltiples proxectos que están en marcha e que serán realidade proximamente para mellorar a condición deste Concello enclavado en plena Ribeira Sacra, cun gran potencial turístico para a nosa provincia”, ratificou o presidente provincial, que sinalou que esta cooperación responde “a un traballo en liña con diferentes ámbitos, onde é fundamental o dos servizos pero tamén o cultural e o deportivo”.

Pola súa banda, o alcalde de Xunqueira de Espadanedo agradeceu ao presidente da Deputación “o gran compromiso que mantén co noso municipio”, avanzando que se materializará “con proxectos moi claros que nos axudarán en mellorar a vida da nosa veciñanza e seguir medrando como concello e no noso potencial como unha das zonas clave da Ribeira Sacra”. 

Publicacións Relacionadas