HomePontevedraPontevedraPontevedra conxela taxas e impostos por duodécimo ano consecutivo

Pontevedra conxela taxas e impostos por duodécimo ano consecutivo

- Anuncio -spot_img

Esta medida supón un aforro de 14,6 millóns de euros que redundan nas familias pontevedresas, segundo a información trasladada esta mañá polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. Resulta cun aforro de 368 euros por familia e 176 por persoa.
Lores tamén confirma a conxelación da taxa de residuos “porque non imos aprobar unha ordenanza fiscal sen ter datos” de produción.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou hoxe que o Concello conxela as taxas e impostos municipais para o ano 2026. Con esta medida, Pontevedra acada o duodécimo ano consecutivo (desde 2015 ata 2026, ambos incluídos) sen aplicar a actualización do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) a ningunha das 20 taxas nin dos cinco impostos que compoñen a fiscalidade municipal. O obxectivo final é reducir a presión fiscal.

Esta decisión de non aplicar o IPC acumulado -que entre 2015 e 2025 ascendeu ao 28,58%- tradúcese un impacto económico directo nas arcas municipais e nos petos dos cidadáns:

  • O Concello deixa de ingresar 14.640.000,23 € no orzamento de 2026.
  • O aforro neto individual para unha poboación de 83.078 habitantes é de 176,22 € en 2026.
  • O aforro medio por familia (aplicando a taxa de 2,09 habitantes por familia) acada os 368,30 €.
    A política fiscal do Concello de Pontevedra está baseada na equidade e na xestión eficiente. Céntrase en manter os servizos fundamentais do concello mentres se evita o incremento lineal de impostos, segundo explicou o alcalde.
    O incremento dos ingresos conséguese con medidas como a actualización regular dos padróns municipais e a detección permanente da fraude. Ademais, o dinamismo económico do modelo de cidade e o crecemento vexetativo dos padróns económicos contribúen a aumentar os ingresos do concello.
    O alcalde Lores concluíu que: “o que pretendemos con esta filosofía é non facer un incremento lineal de taxas ou impostos, porque o que significaría é que pagarían máis os que xa pagan”.

    Taxa de residuos (lixo)
    En canto á taxa de recollida de residuos (obxecto de modificación noutros concellos), o alcalde confirmou
    que tamén se conxela. Aínda que o Concello comparte a filosofía da Lei de Residuos (que require aplicar os custos de recollida e tratamento ao produtor), non se adaptará a taxa de momento porque “non temos información suficiente para aplicar coherentemente esa taxa, sexa para baixala ou para subila”, explicou Lores.
    A información necesaria obterase de distintas vías como do novo contrato de residuos ou do estudo bidireccional pendente de adxudicación, que recompilará a produción real dos usuarios. Lores foi taxativo: “Non imos a aprobar unha ordenanza fiscal sen ter os datos”.

Publicacións Relacionadas