HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez participa na clausura do Proxecto DANA da Fundación Érguete para...

Luisa Sánchez participa na clausura do Proxecto DANA da Fundación Érguete para fomentar a defensa persoal e o apoderamento das mulleres

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores no acto de clausura do Proxecto DANA, unha iniciativa da Fundación Érguete que naceu en 2020 para dotar as mulleres de ferramentas de defensa persoal e apoderamento. A vicepresidenta asegurou que “é un honor acompañarvos sabendo que as axudas da Deputación axudan a impulsar programas tan importantes como este”, e lembrou o anuncio de fai uns días do aumento do apoio que recibirán as entidades asociadas a Érguete nos orzamentos de 2026 ata chegar aos 45.000 euros, un 23% superior ao que recibiron no presente ano. “O traballo de Érguete é exemplar e queremos que poidades seguir traballando por unha provincia máis xusta, igualitaria e integradora”, sinalou a vicepresidenta.

Luisa Sánchez lembrou que “as mulleres necesitamos dotarnos de ferramentas que nos permitan defendernos, porque non somos suxeitos pasivos sen capacidade de decisión, senón que estamos en todos os ámbitos da vida malia que siga facendo falta moita pedagoxía para que se recoñezan os nosos dereitos e capacidades”. Neste sentido, valorou positivamente o impacto do Proxecto DANA nas mulleres participantes, “que tamén traballastes a autoestima, o autocoidado ou a autonomía”.

Publicacións Relacionadas