HomeVigoNigránO concello de Nigrán estrea coa película "Matilda" o cine familiar dos...

O concello de Nigrán estrea coa película “Matilda” o cine familiar dos sábados na Ramallosa

- Anuncio -spot_img

Os seguintes sábados proxectarase ‘E.T. El extraterrestre’, ‘Gru, mi villano favorito’ e ‘Charlie y la fábrica de chocolate’. Todas as proxeccións son ás 18:00 horas e gratuítas mediante retirada de invitación

O Concello de Nigrán estrea coa proxección de ‘Matilda’ este sábado 8 as sesións de cine familiar de todos os sábados de inverno (18:00 horas) nos cines municipais da Ramallosa, dentro do Centro Comercial. Os seguintes sábados de novembro proxectarase, nesta orde, ‘E.T. El extraterrestre’ (día 15), ‘Gru, mi villano favorito’ (día 22) e ‘Charlie y la fábrica de chocolate’ (día 29). Todas as proxeccións son gratuítas mediante retirada de invitación na propia taquilla desde unha hora antes do comezo e ata esgotarse o aforo. A selección das longametraxes corre a cargo da ‘Xeración Xa!’, o órgano de participación infantil e xuvenil do Concello de Nigrán. En decembro, o Concello ofrecerá unha programación cinematográfica especial de Nadal neste mesmo cine municipal adquirido polo consistorio recentemente por 61.500 €.

Matilda Wormwood é unha nena moi curiosa e intelixente, todo o contrario que os seus chabacanos pais, que adoitan ignorala e desprezala. Tras descubrir que posúe poderes telequinésicos, chega á conclusión de que podería usalos para facer o ben, axudando aos que están en dificultades, pero tamén para castigar ás persoas crueis e perversas. Trátase dunha película dirixida por Danny DeVito e apta para todos os públicos.

Pola súa banda, todos os xoves ás 18:00 horas o Concello ofrecerá unha programación pensada para adultos, con ‘Cinema Paradiso’ este mesmo día 6 e ‘Casablanca’ o 13, elixindo para os seguintes xoves entre as propostas que os propios asistentes realicen.

Publicacións Relacionadas