A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar este mediodía no salón de plenos.
Licenzas (1). Concedeu a licenza urbanística para as obras de reforma dunha vivenda nun edificio da rúa Pena Corneira.
Patrimonio (3). Estimou tres reclamacións de responsabilidade patrimonial (unha delas de forma parcial)
Infraestruturas (1) Recoñeceu unha obriga por importe de 1.252.963,62 euros a favor da Confederación Hidrográfica do Miño – Sil relativa ao cofinanciamento das obras de mellora do saneamento en Velle.
Educación (1) Aprobou as bases do Certame infantil de debuxo da Postal de Nadal 2025. Poderán participar alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria dos centros de ensino de Ourense. Deberán plasmar nun debuxo os seus sentimentos e ideas acerca do Nadal, representando o que lles resulte máis significativo acerca destas datas. Os traballos poderanse presentar até o día 24 de novembro. A postal elixida servirá de felicitación de Nadal do Concello de Ourense. Haberá premios para o neno ou nena autor da postal (un lote de libros) e para a clase gañadora (material didáctico).
Asuntos sociais (3). Aprobou as normas de inscrición nas actividades dos programas municipais de Avellentamento Activo, para persoas maiores de 60 anos; e dos centros cívicos municipais, dirixidos á poboación adulta e infantil. Publicaranse no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello para que as persoas interesadas poidan apuntarse.
Avogacía Consistorial (6). A Xunta de goberno deu conta tamén de dúas sentenzas: unha do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense e outra do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e foi informada de que o Concello foi emprazado para comparecer diante dos xulgados do contencioso número 1 e 2 da cidade en 4 procedementos abreviados.



