HomeDeputaciónsDeputación OurenseO Xeodestino Trevinca-Valdeorras incorpora 13 novos distintivos ao Sistema Integral de Calidade...

O Xeodestino Trevinca-Valdeorras incorpora 13 novos distintivos ao Sistema Integral de Calidade Turística Española

- Anuncio -spot_img

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, destacou que “o turismo é unha das ferramentas máis poderosas para afrontar o reto demográfico e xerar novas oportunidades no rural, sempre que apostemos pola calidade e pola sustentabilidade”

A Deputación de Ourense participou hoxe no acto de entrega dos distintivos SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos) correspondentes ao Xeodestino Trevinca-Valdeorras, no que se recoñeceu o traballo e compromiso de 13 novos servizos turísticos que se incorporan ao proxecto.

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, destacou que “o turismo é unha das ferramentas máis poderosas para afrontar o reto demográfico e xerar novas oportunidades no rural, sempre que apostemos pola calidade e pola sustentabilidade”. Engadiu que o éxito deste destino “é froito da cooperación entre concellos, empresas e entidades, e da implicación do Inorde na execución das accións do convenio con Turismo de Galicia”.

O proxecto SICTED do Xeodestino Trevinca-Valdeorras suma xa 23 establecementos distinguidos, converténdose nun exemplo de coordinación e mellora continua para o sector turístico da provincia.

Os 13 servizos distinguidos en 2025 son: A Rectoral de Seadur (Larouco); Aira da Petada Hotel Boutique (A Veiga); Alan de Val (A Rúa); Aloxamento Boutique A Pontevella (Carballeda de Valdeorras); Apartamentos A Pontevella (Carballeda de Valdeorras); Asociación Ruta do Viño de Valdeorras (Vilamartín de Valdeorras); Bodegas Godeval (O Barco de Valdeorras); Casa del Castaño (O Barco de Valdeorras); Cecilia Fernández – Tenda de Viños (A Rúa); Dúplex Duquesa (O Barco de Valdeorras); La Capilla (O Bolo); Rutas Xanzá (O Barco de Valdeorras); Vilamorena (A Veiga).

Fernández concluíu agradecendo “o compromiso e esforzo de todos os servizos turísticos distinguidos, que contribúen a facer de Trevinca-Valdeorras un destino de calidade, sostible e con identidade propia”.

Itinerarios gastronómicos

Tamén se celebraron durante a mañá as sesións de traballo para creación de Itinerarios Gastronómicos, en colaboración coa oferta do destino e a plataforma de referencia no sector “Escapada Rural”, dentro das actuacións contempladas no convenio con Turismo de Galicia, e no que participou o xefe da Área Provincial de Turismo en Ourense, Cecilio Santalices.

Publicacións Relacionadas