HomeA CoruñaO Concello instalará 9 novas marquesiñas por todo o municipio

O Concello instalará 9 novas marquesiñas por todo o municipio

- Anuncio -spot_img

O Concello vai proceder durante as próximas semanas á instalación de 9 novas marquesiñas en distintos puntos do municipio. Trátase dun acordo coa Xunta de Galicia, que tras anos sen atender as solicitudes do Concello aceptou finalmente cumprir coa súa obriga de dotar as paradas de marquesiñas.
As novas marquesiñas colocaranse nas paradas do cemiterio de Dorneda, a farmacia de Arillo, na avenida Emilia Pardo Bazán, no Royal Palace (2, unha en cada marxe), na rúa do Traballo, na rúa Lavandeira, na avenida Che Guevara (antes da rotonda) e na entrada da urbanización O Bosque.
“O simpático disto é que a Xunta nolas entrega pero as colocamos nós, porque nolas dan sen montar. Eles ofrecen unha empresa que nos cobra 500 euros por montar cada unha, pero entendemos que o podemos facer nós directamente con persoal municipal”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Publicacións Relacionadas